займ срочно

Máis de duascentas persoas na primeira edición da Andaina San Silvestre de Lousame

0

Lousame, 31 de Nadal do 2017 – Gran éxito de participación na primeira edición do Trail e da Andaina San Silvestre de Lousame 2017, que se celebrou onte sábado en Lousame e que reuniu a máis de duascentas persoas na andaina matutina e 193 persoas no Trail da tarde.

A Andaina san Silvestre  estivo organizada polo Club Lousame Deporte e contou coa colaboración do Concello de Lousame, Protección Civil de Lousame, Cruz Vermella Noia, a rede de Voluntariado local e o Club de Atletismo de Lousame.

As previsións de tempo inestable botaron atrás a gran número de inscritos na Andaina, sobre todo aqueles procedentes de máis lonxe. Iso non impediu que máis de duascentas persoas se deran cita a primeira hora da mañá no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra, onde recolleron o seu dorsal e un agasallo en forma de braga técnica para a protección do pescozo e conmemorativa desta primeira edición. Uns camiñantes que foron trasladados ata as minas de San Finx en varios autobuses dispostos por Autobuses Comparados, un dos patrocinadores da proba.

Moitos aproveitaron entre as 9:30 e as 10:00 horas para coñeceren o poboado mineiro de San Finx e visitar o Centro de Interpretación das Minas de San Finx, que tamén estará aberto de xeito extraordinario durante esta tarde, entre as 14:15 e as 17:30 horas coa posibilidade de facer visitas guiadas. Tras unha explicación do percorrido por parte do presidente do Club Atletismo Lousame, Néstor Romero, e do técnico municipal de Deportes, Germán Romero, a encargada das visitas no centro de interpretación, Mayte Sobradelo, explicoulles brevemente aos presentes a historia das minas de San Finx.

Ademais, contou coa colaboración dun xinete caracterizado como o médico das minas, Don Teo, que acompañou aos camiñantes durante a primeira parte do percorrido. Un percorrido de 16 quilómetros polos montes lousamiás que os participantes fixeron ao seu ritmo e sempre vixiados tanto por membros de Protección Civil de Lousame como por voluntarios que os acompañaban durante o percorrido.

O tempo acompañou durante gran parte da mañá e, salvo algunha chuvieira débil a primeira hora, permitiu que a proba se desenvolvese sen incidencia ningunha, máis aló da sorpresa dalgún que outro camiñante que descoñecía os desniveis da primeira parte do percorrido.

Un percorrido que comezaba no complexo mineiro de San Finx para subir ata Marselle, dende onde os camiñantes se desprazaron cara o lugar de Aguieira, onde tiveron o primeiro avituallamento de líquidos e sólidos, cortesía de Frutas Vanesa e MC Bikes. O percorrido continuou dende o mirador da Aguieira baixando a Lesende e a Vilacoba, pasando pola Ponte Gaiteira e enlazando cun tramo da ruta de sendeirismo do Río Vilacoba-San Xusto para chegar á fábrica de Fontán (O Castro), onde tivo lugar o segundo avituallamento de líquidos e sólidos.

O último tramo comprendeu a subida á aldea de Pastoriza para finalmente baixar polo monte de Cruído ata o polideportivo Pilar Barreiro Senra, onde comezaron a chegar a iso das 13:30 e 14:00 horas, dependendo do ritmo de cada quen. Todos os participantes na andaina e no trail contaron cun avituallamento final no polideportivo, ademais de servizo de duchas, gardarroupa e mesmo fisioterapia, cortesía de Physis Centro de Fisioterapia.

Evento solidario

Ademais do compoñente deportivo e turístico desta proba, o Trail e a Andaina San Silvestre de Lousame doará os máis de 3.500 euros recadados coas inscricións a unha iniciativa solidaria da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) que, á súa vez, entregará estes fondos ao equipo do doutor Federico Martino Torres, do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, para iniciar as investigacións sobre esta enfermidade ultrarrara.

As probas contaron co patrocinio das empresas Fermín Simal Construcións, Autos Comparado, Physis Centro de Fisioterapia, Deportes Casais, Lolita Moda, Frutas Vanesa, MC Bikes e Econosa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies