Andaravía Teatro leva a Brión “Maniféstate!”

0

Brión, 13 de maio do 2017 –  O salón de actos do Centro Social Polivalente de Brión acollerá ás 20:30 horas de esta tarde, a representación de “Maniféstate”, un espectáculo de Manuel Cortes dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Andaravía Teatro (Vedra). Unha peza dirixida a todos os públicos e de entrada libre e de balde.

Andaravía Teatro é un grupo vinculado a Asociación Cultural papaventos de Vedra, nacida en 1988 e organizadora do certame de teatro Teatrofilia. Paula Carballeira leva no teatro e na narración oral desde 1994 e dirixe esta obra. O argumento xira en torno a un programa de televisión no que os tertulianos intentan resolver un misterio: din que o espíritu de Rosalía de Castro anda solto por Vedra.

Trátase dunha actuación que está incluída dentro da XXVII Feira do Libro organizada polo Concello de Brión, coa colaboración da Deputación da Coruña e do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies