Ángel Carracedo participou na comida contra o cancro de Ordes

0

A VI Comida Baile Solidaria da AECC Ordes asistiron preto de 400 persoas. O alcalde Martínez Sanjurjo invitou a todos e todas a participar das actividades deportivas organizadas polo Concello como medida preventiva

Comida contra o cancro de OrdesOrdes, 16 de setembro do 2016.  A AECC Ordes celebrou a súa VI Comida Baile Solidaria, á que asistiron preto de 400 persoas de todos os puntos da comarca e incluso doutros lugares da provincia. Nesta ocasión o prestixioso investigador e oncólogo Ángel Carracedo apadriñou este acto no que estivo respaldado, entre outros,  pola súa colaboradora e doutora en bioloxía Clara Ruíz, natural de Ordes. Como é habitual tamén se contou coa presenza de Elena Viturro e Marcos Calvo, presidenta provincial da AECC da Coruña e psicólogo da dita asociación.

No seu turno de palabra Ángel Carracedo fixo unha breve explicación sobre como se forman e en que consisten os procesos canceríxenos. Sobre todo destacou “a importancia que hoxe en día ten a investigación xenética, a cal conleva importantes avances nos tratamentos que repercuten directamente na calidade de vida das persoas que padecen a enfermidade”. Pola súa banda o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, insistiu na importancia de “educar en saúde” e “nos hábitos saudables como medida preventiva”, convidando a todas e a todos os asistentes “a que se valgan das posibilidades que se brindan dende o Concello como son as actividades e circuítos deportivos, das que a día de hoxe xa participa o 23% da poboación”. Tamén fixo alusión aos inicios do Dr. Carracedo “como discípulo do ilustre ordense Dr. Luis Concheiro Carro, catedrático de Medicina Legal e coartífice xunto co convidado deste ano de que  Santiago sexa unha referencia mundial en oncoloxía”.

Acto relevante

A comida solidaria da AECC Ordes, que este ano tivo lugar no restaourante O Barreiro, é unha das citas sociais e solidarias máis importantes de toda a zona. Dela participan veciños, veciñas e representantes de todos os sectores, asociacións e institucións ordenses. Ademais da maioría dos concelleiros do Goberno local este ano tamén asistiron outros moitos membros da oposición, así como o presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde de Frades, Roberto Rey. Todas e todos eles tiveron a oportunidade ser obsequiados cun dos moitísimos agasallos doados polos comerciantes de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial