A ANPA Andaravía, do CEIP de Brión, demanda información sobre a ampliación do comedor

0

Brión, 11 de xuño do 2018 –  A ANPA Andaravía, do CEIP de Pedrouzos, ven de rexistrar un escrito ante a Consellería de Educación reclamando información sobre as obras de ampliación do comedor do centro.

Andaravía explica que o colexio de Pedrouzos leva medrando dez anos, crecendo en alumnos e con constantes obras para adaptar o edificio a ese aumento de demanda. O aumento de necesidades non é por tanto unha situación descoñecida para a administración da Xunta de Galicia, encargada da xestión directa do comedor.

A ANPA considera que ” as obras non pasan da categoría de improvisación, precisamente pola ausencia dun criterio de calidade educativa no que debería existir a planificación, previsión e recursos necesarios para conseguila”.  Explican que a solución para dar cabida a máis alumnos cada ano non pode ser dividir un espazo en dous, converter un pasillo nunha aula ou transformar espazos de usos múltiples en salas de xantar.  Para os pais estes cambios o único que conseguen é ter apertados a 50 nenos onde antes collían folgados 25.

A Asociación manifesta o seu malestar porque se vaia acometer unha nova obra no colexio  sen consensuar coa comunidade educativa, nin tan sequera co equipo Directivo do Colexio. Segundo a pouca información da que dispoñen este verán haberá unha nova ampliación do espazo de comedor escolar, algo que celebran. O problema xurde por que ese novo espazo faríase a costa de recortar en outros que actualmente esta en uso.

Andaravía lembra ademais que sempre quedan familias na lista de agarda para o uso do comedor. Tamén explican que  “para disfrutar dun servizo de comedor como o de Pedrouzos, non só basta con que exista o espazo e o equipo de cociña, se non que a maiores serán precisos máis de 15 voluntarios e voluntarias a diario, para que velen polo bo desenvolvemento de cada xornada, tanto na sala de xantar como durante o recreo posterior. Aproveitamos para recordar que é grazas á colaboración voluntaria de estes pais que acompañan, vixían e asisten ao alumnado no Comedor Escolar, que o servizo siga funcionando”.

A ANPA finaliza o comunicado indicando que ” un comedor escolar debe estar para axudar na conciliación e suplir as funcións da familia cando esta, non pode exercelas por motivos laborais, persoais ou económicos, mais esta necesidade non pode ser usada pola Xunta de Galicia para recortar espazos e recursos educativos, en detrimento da calidade da educación e viabilidade dos Centros”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial