займ срочно

A ANPA do IES de Ames pide a Xunta o cese inmediato da directora do centro

0

Ames, 24 de maio do 2018 – A ANPA do IES de Ames, elixida hai poucos meses, denuncia maltrato institucional  da directora do centro e esixe posicionamento público por parte das autoridades educativas da Xunta de Galicia.

Según explica nun comunicado a ANPA do IES de AMES, a directora do Centro, María Soledad Louro, ante a diferenza de criterios en moitas cuestións anulou o diálogo “mantendo unha relación de estricta comunicación de escritos, deixando moitas solicitudes de información sen atender.  Primeiro non eramos ninguén para discrepar, despois eramos catro gatos e politizados. E agora somos a ANPA lexítima e polo tanto representamos ás familias pero a directora segue sen considerarnos, afirma Hector Mondelo, Presidente da ANPA”.

Por primeira vez a ANPA non estará presente na mesa de presidencia do acto de graduación de segundo de bacharelato, que se celebra hoxe, e non foi convidada a asistir. Nos últimos anos a ANPA asumía parte dos gastos do acto pero como explican “este ano impedíusenos calquera tipo de colaboración”. A ANPA denuncia ” a falta de institucionalidade da dirección do centro, é unha falta de respecto á asociación pero sobre todo ás familias, posto que a ANPA as representa”. Os representantes dos pais consideran que a directora “goberna o centro como un cortijo andaluz, con autoritarismo e incapacidade de xestión”.

A Asociación engade que a dirección do centro non permite facer no centro, en horario de tarde, a I Feira das Profesións  “actividade encamiñada a que da man de máis de 90 profesionais os rapaces e rapazas coñezan mellor tanto a profesión en si como as materias e a formación preferente para esa dedicación. Imponse unha data inviable xa que sería á tarde do día en que se dan as vacacións pola mañá. Non se nos argumenta a negativa na data que nós propomos”.

Todo esto foi comunicado ao Inspector xefe da Coruña que recibiu aos pais e, según eles,  tratounos, dende a diferenza de criterio en algúns temas, con respecto e amabilidade . Recoñeceu que era incorrecto non convidar a ANPA ó acto de graduación e “nós aceptamos non presidir como era habitual en aras de acadar diálogo institucional fluído”. O xefe territorial comprometeuse a mediar aínda que polo momento non teñen máis noticias.

Os país explican que desde o seu punto de vista “si a administración non se implica, ou por corporativismo ou por estar de acordo coa actitude da dirección, esta convértese en cómplice do seu proceder”. Esixen das autoridades educativas da Xunta de Galicia un posicionamento publico sobre o “ninguneo constante que sofre esta ANPA por parte de María Soledad Louro e esiximos así mesmo o seu cese inmediato”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies