A ANPA do IESP de Ames acusa a dirección do centro de bloquealos

0

Ames, 13 de marzo do 2018 – O cambio na dirección da ANPA do IESP de Ames non serviu para pechar as feridas abertas e agora os país, xa representantes oficiais,acusan a dirección de bloqueo.

A Xunta Directica da ANPA do IESP de Ames di nun comunicado que quere  “denunciar públicamente o BLOQUEO ó que se lle pretende someter por parte da Dirección do Centro”. Os pais explican que “A día de hoxe, 1 de Marzo de 2018, son xa varias as solicitudes rexistradas no Centro, ás que non se lle deron resposta por parte da Dirección do Centro. Concretamente esta ANPA solicitou:
1. Consultar as actas dos Consellos Escolares onde se aprobaron os itinerarios do Curso 2017/18, así coma os criterios recollidos no Proxecto Educativo da Dirección do Centro para a elaboración de ditos Itinerarios.
2. Coñecer o Proxecto Educativo do Centro e Proxectos Curriculares de Etapa.
3. Acceder ó Informe da Comisión de Convivencia do Curso 16/17, e saber tamén quen forma a Comisión de Convivencia do Centro, amosando o noso interese en pertencer á
mesma.
4. Ser informados dos partes existentes no curso 17/18, e a valoración pedagóxica da
exclusión do alumnado afectado da celebración do Entroido.
5. Unha canle de comunicación coas Xefas e Xefes de Departamento do IESP.
6. Coñecer as actas dos dous últimos Consellos escolares, e no caso de non estar
aprobada algunha delas, o borrador”

A ANOA do IESP di que o seu compromiso .”era, e segue sendo botar luz sobre o funcionamento do Centro,
e se a Dirección do Centro non está á altura, a nosa obriga é denuncialo a todas e cada unha das instancias pertinentes”. Engaden que .”A esta omisión de información, que máis alá de valoracións legais, cabe sinalar como de irresponsable e irrespetuosa co órgano lexítimo de representatividade de TODAS as familias do IESP, vense á sumar a censura das nosas comunicacións co conxunto das familias do centro”, A Asociación refírese a negativa da dire ción a enviar os comunicados da ANPA por medio dos nenos xa que “ten recibido queixas de pais que non son socios e non queren recibilas”.Aínda que a dirección si se mostra disposta a enviar as convocatorias de reunións ordinarias.

Para os representantes dos pais  “esta medida non ten precedentes e deixa á ANPA fora do Centro e da comunicación directa coas Familias, con TODAS as Familias, que é o sentido que teñen as ANPAS. Sirva este Comunicado para dar evidencia de este intento de BLOQUEO, e do noso máis firme rexeitamento. Polo tanto, voltamos ós comunicados á prensa.!”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial