займ срочно

As ANPAS de Ames aceptan estar na Comisión de Baremación só para verificar os datos

0

Ames, 21 de abril do 2018 – As ANPAS de Ames veñen de emitir un comunicado no que aceptan incorporarse a Comisión de Baremación que o concello quere crear.

As ANPAS só participaran na Comisión de Baremación por unha cuestión de transparencia e sen ter voz nin voto. As ANPAS deixan claro no comunicado que consideran que a principal función dos pais na Comisión é “verificar datos e aportar calquera suxestión ou cuestión ao traballo técnico realizado polo persoal cualificado, e designado, a tal efecto”. O Comunicado das ANPAS xurde despos de recibir unha invitación do Concelleiro de Educación, David Santomil para participar na Comisión de cara a asignación das prazas para o curso 2018/19.

Protestas dos país da Escola Infantil da Madalena

Por outra banda país da Escola Infantil da Madalena, no Milladoiro, veñen de solicitar ante a Delegación do goberno permiso para concentrase diante do concello antes do pleno ordinario do próximo xoves, as sete e media da tarde. Os país reclaman que non se aplique baremación xa que iso impide o obxectivo do servizo de comedores que é conciliar. Os país redactaron tamén un modelo de instancia para que os país a podan presentar ante o concello esixindo que non se bareme. Na instancia arguméntase que o contrato de licitación permite ser modificado e dar cabida a tódolos demandantes do servizo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies