As ANPAS de Ames non queren máis retrasos e o concelleiro contesta en Facebook

0

Ames, 21 de novembro do 2018 – As ANPAS de Ames entregaron este martes un escrito no rexistro do concello no que reclaman máis persoal para a concellaría de educación para que non se repitan os retrasos no cobro de recibos.

No escrito os representantes dos pais lembran que tanto a normativa de servizos complementarios, de conciliación como a da escola de verán indican que o pago de recibos farase a mes vencido. Reclaman que se explique aos usuarios a demora no cobro e os motivos polos que se produce. Piden en segundo lugar que se facilite o pago dos recibos acumulados de xeito que sexa asumible. Finalmente piden expresamente que “se tomen as medidas precisas para que esta situación non se volva a repetir. Que se dote ao departamento de educación dos recursos necesarios  para a sumir a correcta xestión administrativa do servizo e evitar deste xeito que se repita ano tras ano unha situación que prexudica as familias.

Resposta do concelleiro en Facebook

Lindeiros non recibiu no día de onte ningunha nota de prensa como resposta a estas demandas pero o concelleiro de educación, David Santomil, colgou no seu perfil de Facebook, as once da pasada noite, o que indica que é  “a miña resposta por correo electrónico á solicitude de información realizada pola representante de unha (1) ANPA, que fixen extensiva a outras catro (4)”. A resposta dada comeza por indicar que ” a emisión dos cargos e domiciliacións excede das competencias do Departamento de Educación” aínda que acordaron coas ANPAS intentar facer unha previsión. A continuación explica que “Dende o ano 2015, co mesmo persoal no Departamento, iniciamos un proceso de regularización e modificación de ordenanzas e regulamentos para tratar de axilizar trámites administrativos que aínda non somos quen de lograr, por moitas horas e esforzos que realizamos. Nova aplicación informática #conciliames, incremento constante de usuari@s, información de datos fiscais da Axencia Tributaria Renta 2017, diversidade de tipoloxía das unidades familiares, datos do padrón municipal,… unha cadea necesaria para o cálculo correcto de #cuotas, intentado non cometer erros, que nalgún caso son inevitables, especialmente cando se traballa con poucos recursos e contrareloxo”.

Según indica na súa publicación no caso dos comedores e bos días cole os cargos trasládanse ao departamento de recadación e tesourería ” a partir do día 5 do mes vencido” que se encarga da revisión e pasar os recibos entre os días 20 e 30 de ese mesmo mes vencido.

Según Santomil a finais de este mes cobraranse os meses de setembro e outubro ” Deste xeito, se no proceso de cobro non existen incidencias, no mes de NOVEMBRO (a finais) cobraranse os meses de SETEMBRO e OUTUBRO para aqueles usuarios/as que non teñen requerimentos de documentación pendentes de subsanación. Non todos os usuarios/as teñen ambos meses, ao comezar algúns o servizo en outubro ou en setembro de forma parcial, o que xustifica que ambos recibos (setembro e outubro) poidan cobrarse no mesmo mes de Novembro (con recibos separados)”.

Finalmente na publicación explica que o mes de novembro “debería cobrarse a finais de decembro; decembro a finais de xaneiro e así sucesivamente”.

Escola de verán e Lúdicos

No mesmo escrito de Facebook David Santomil lembra que a Escola de verán e os Lúdicos son independentes entre si, e do resto de servizos, no que atinxe ao cobro. Indica tamén que os censos da escola de verán elabóranse ao rematar o servizo, e dicir  en setembro, e que o setembro lúdico elabórase en outubro. A previsión é que sexan cobrados en este trimestre, antes de que acabe o ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial