Antón Fraguas e a Universidade nunha exposición da USC

0

Compostela, 23 de maio do 2019 – Ata o 3 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia pode visitarse a exposición ‘Antón Fraguas: por e para Galicia’ organizada pola biblioteca do centro co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

 Sita no segundo andar (no acceso ao claustro desde a biblioteca), a mostra focalízase na relación de Antón Fraguas coa que era a Facultade de Filosofía e Letras: o seu paso como alumno e logo como bibliotecario; o seu traballo como profesor auxiliar e a defensa da súa tese en 1948, precisamente dedicada aos colexiais de Fonseca.

 A exposición consta de material biográfico e documental que fai un percorrido pola traxectoria de Fraguas dende que chega ás aulas universitarias ata a dirección do Museo do Pobo Galego. A este material súmase un vídeo realizado ex profeso pola biblioteca do centro con escenas da facultade nos anos 20 e testemuñas do propio Fraguas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial