O Catedrático de Dereito Financeiro Antonio López é o novo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela. Chega ao cargo despois de que hai catro anos perdera as eleccións por una pequena marxe.

Antnonio López non é alleo ao traballo de xestión aínda que si foi hai moito tempo, a finais dos 90 era vicereitor de coordinación do campus de Compostela e de xestión de infraestruturas. Foi tamén decano de Dereito entre o 2005 e o 2007, ano no que se incorporou ao Consello de Contas onde foi Conselleiro durante 3 anos.

Publicou estudos dos que destacan os seus traballos en torno a recadación, o financiamento autonómico e local e o gasto público e o seu control. Formou ademais parte de proxectos de investigación sobre a fiscalidade da vivenda e as institucións de previsión social.

Encontrámonos con el despois dunhas vacacións que lle serviron para tomar forzas para un curso que se presenta moi intenso. Comezamos preguntándolle por esas primeiras semanas despois da toma de posesión, un tempo marcado sobre todo por unha axenda sobrecargada

A Universidade é sen duda un dos exemplos máis democráticos que existen, os cambios son sempre tranquilos e todo o mundo os asume con naturalidade

A vitoria de Antonio López foi unha sorpresa mesmo para o seu equipo, non tanto pola vitoria en si  que vían como posible se non pola ampla marxe con que se conseguiu

Para alguén que traballo no Consello de Contas a diferenza de xestión e fundamental, o que alí son informes aquí se converten en decisións con consecuencias

Nos últimos anos a USC fixo un esforzo por estabilizar financeiramente a institución, iso fíxose con recortes que Antonio López entende como unha solución a curto prazo pero que non poden ser permanentes

No ano 2020 revisarase o plan financeiro da universidade e será o momento de mellorar o sistema actual

A Universidade de Compostela ten unhas particularidades que terán que ser tidas en contas, o enorme patrimonio e unha das máis importantes, e atopar unha distribución de recursos coas outras universidades o máis xusta posible

Outro dos aspectos en torno aos que xirou a campaña electoral foi a docencia, López considera que o profesorado ten que ser promovido, renovado e redistribuído do mellor xeito posible

Nos últimos tempos tamén se fixo un esforzo por incorporar novos estudos, un traballo sempre aberto para que a Universidade estea en concordancia cos avances da sociedade

Ao saír na conversa a palabra master saltan as alarmas aínda que un non queira; é un tema que o reitor recoñece que está facendo moito dano as institucións, algo inxusto xa que non se pode dubidar da xestión

O obxectivo a catro anos é ter unha institución que recuperou a ilusión e que estea noito máis cerca da sociedade

Antonio López é unha persoa cercana, afastado da imaxe previa que un pode ter dun doutor en dereito. Atópase nun cargo polo que tivo que esperar catro anos pero ao que accedeu cun enorme respaldo, o que supón tamén unha enorme responsabilidade. Os vindeiros meses servirán para comezar a ver o camiño que o novo equipo reitoral, con López ao fronte, debuxa para a USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial