займ срочно
[columns]
[column size=”1/3″]Seguimos contando co apoio dos veciños pero a situación administrativa precisa de máis medios que respalden as expectativas que se tiñan [/column]
[column size=”1/3″]O veto da oposición non é ao alcalde é a xestión política e polo tanto e aos veciños[/column]
[column size=”1/3″]Si os concellos non teñen autonomía para traballar acaban converténdose en simples administrativos lentos e malos[/column]
[/columns]

Val do Dubra é un nó de estradas entre Ames, Compostela, Trazo e Santa Comba a piques de converterse nun nó Gordiano que só se resolverá con imaxinación e vontade.

As eleccións do 2015, nas que se presentaron 7 partidos, deixaron fora a BNG e Psoe pero deron 5 concelleiros a Son de Dubra, 3 ao Partido popular e 2 aos escindidos do PP de Terra Galega, e 1 a Independentes X Dubra. Así as cousas o goberno en minoría de Antonio Negreira atópase nunha situación de parón xa que a oposición bloquea a maioría das iniciativas pero non tampouco e capaz de lograr un consenso que permita unha moción de censura.

Pero si os problemas dos plenos non son pequenos a situación administrativa tampouco o é. Funcionarios de baixa, retrasos constantes na tramitación dos expedientes e a imposibilidade de contratar a ninguén para sustituir o ampliar o cadro de persoal fan que o equipo de Antonio Negreira, el é o único con dedicación, reme arreo cada día sen chegar a ver nunca a costa.

Antonio Negreira leva 14 anos no concello, foi deputado provincial polo BNG cargo ao que renunciou ao abandonar a formación seguindo os pasos de Xosé Manuel Beiras, e presentouse no 2015 baixo as siglas de Son de Dubra comezamos preguntándolle por esa viaxe ata este momento

Dous anos despois o alcalde segue contando cos veciños pero recoñece que non ten medios para cubrir as expectativas que se xeraron

A oposición parece non disposta a colaborar para sacar as cousas adiante, Antonio Negreira entende que ese veto marcado desde o primeiro momento a quen acaba por prexudicar é aos veciños

A xestión económica do concello está marcada polo estado da plantilla de funcionarios xa que chegaron a estar ata 3 persoas de baixa e van co terceiro secretario en estes dous anos.

Antonio Negreira está satisfeito do cambio de rumbo, da transparencia e do traballo realizado pero queixase da falta de autonomía dos concellos para resolver cuestións

Non se trata só da Lei Montoro, mencionada por tódolos alcaldes, é tamén a burocracia que segue moi presente na administración local

O parón da Mancomunidade ven dado, a dicir polo alcalde, por un pasado demasiado cheo de liortas que fai que existan recelos entre concellos na actualidade

Val do Dubra, como outros moitos concellos, precisa de atopar un modelo de comunidade pero para iso necesita tamén infraestruturas, un aspecto no que Antonio Negreira di sentirse esquecido

Os servizos sociais son outro dos cabalos de batalla dun concello como Val do Dubra, Antonio Negreira explica que así nunha época se destinaban os gastos de servizos sociais a infancia agora dedícanse aos maiores

Outro tema que estes días está de actualidade é o novo transporte público, o alcalde considera que a mobilidade comeza a ser tan importante como a vivenda

Val do Dubra pode que sexa o paradigma dos problemas que provoca o actual sistema de funcionamento das entidades locais. Por un lado acosados pola Lei Montoro, que impide desviarse nin un ápice do marcado desde o goberno central, e por outro cunha lexislación que, por querer garantir a bo funcionamento, da case que máis poder a secretarios e interventores que ao propio alcalde. Si a esta situación súmase unha oposición máis pendente de facer política que de facer cousas temos a tormenta perfecta, a que agora mesmo está sobre Val do Dubra e que esperemos que escampe pronto polo ben dos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies