A anulación dos autobuses de O Son do Camiño debeuse á ameaza de altercados masivos

0

Actualización (4 de xullo)

Tras falar con distintos organismos a Policía Nacional confirmou a Lindeiros.gal que a deicsión fora tomada polo responsable de seguridade ante a ameaza de altercados

Según relatan, desde o gabinete de prensa da Policía Nacional en Santiago, xa nas últimas viaxes de autobuses antes da anulación comezaban a existir problemas de liortas entre xente que se colaba nas filas ou incluso con algúns gardas de seguridade. Mentres a saída do público foi escalonada estes pequenos incidentes foron controlados pero o problema xurdiu ao rematar o festival. 

Coa saída masiva da xente as liortas comezaron a multiplicarse ata un punto no que aínda que se tiveran tres veces máis efectivos sería imposible controlalos. Non se trataba só do número de liortas se non que se producían en distintos lugares ao mesmo tempo. Ante esta situación a oferta da empresa de non cobrar para axilizar o traslado servía de pouco xa que os altercados seguirían producíndose.

Vendo a situación o responsable de seguridade considerou que sería moito mellor anular os autobuses, xa que o acceso ao trasporte era a principal fonte de problemas, e que a xente baixara andando. Según puido saber Lindeiros.gal e outros festivais, como o BBK en Bilbao, os accesos ao transporte son moito mais estreitos e prolongados polo que se evitan aglomeracións desde moito antes. 

Queda por saber, aínda que seguro que nunca terá unha explicación, porque a organización non emitiu un comunicado máis completo, explicando as razóns do sucedido, e porque retirou o publicado. 

Actualización (3 de xullo do 2018)

Pese a que Lindeiros.gal púxose onte en comunicación co festival non recibimos ningunha explicación sobre o sucedido ou o comunicado colocado no facebook e despois borrado. Un dos responsables, Carlos Foresta, si concedía unha entrevista a Radio Galicia da Cadena SER na que indicaba que dado que consideraron menos perigoso que a xente fora camiñando que levala nos autobuses

O certo é que, pese a estas declaraciones, a hora de remate dos autobuses, según a app do festival, era as catro e media da mañá e non as catro como di o responsable. Lindeiros púxose en contacto coa oficina de prensa da Policía Nacional en santiago, responsables últimos do operativo de seguridade, que nos indicaron que non tiñan ningunha denuncia sobre o sucedido.   Tussa, operadora dos autobuses, remitiunos ao concello onde tamén nos dixeron que as decisións de seguridade correspondían a Policía Nacional.

As queixas nas redes sociais continuaron sin que polo momento haxa máis explicacións.

Compostela, 2 de xullo do 2018 – As boas críticas recibidas pola organización do Son do Camiño dan un xiro de 180 graos coa anulación dos autobuses na madrugada do domingo, obrigando a moita xente a volver andando.

Comunicado da organización sobre a anulación dos autobuses , posteriormente foi borrado

Comunicado da organización sobre a anulación dos autobuses , posteriormente foi borrado

A anulación dos autobuses é un feito cheo de incógnitas, moitas queixas e case ningunha resposta. Según as declaracións recollidas por Lindeiros.gal pouco despois das tres e media da mañá remataba o último concerto do festival, o D.J. Martin Garrix. As máis de 10.000 persoas que aínda estaban no recinto comezan a saír seguindo as indicacións da organización para coller os autobuses de volta á cidade. Cando chegan, ao lugar onde debería estar o transporte, unha persoa (as fontes non poden precisar si se trataba de alguén vinculado ao festival ou aos autobuses) infórmalles de que o transporte foi anulado ao producirse “un acto de vandalismo nun dos buses”.

A xente continúa camiñando e na rotonda de San Lázaro atópanse con 3 coches de policía que non saben que dicir e desbordados ante a gran cantidade de xente que baixa do Monte do Gozo. Entre as persoas que tiveron que volver andando, según as nosas fontes pero tamén según os comentarios que se poden ver nas redes sociais do Festival, estaba xente con mobilidade reducida ou incluso con nenos.

As sete da mañá a organización de O Son do Camiño emite un comunicado explicando que a decisión de anular os autobuses foi tomada polas forzas de seguridade. Tamén explica que a empresa de autobuses non forma parte da organización do Festival aínda que presta o servizo. Este comunicado, do que mostramos unha captura de pantalla, é borrado ao pouco tempo e eliminado da caché de Google.

Resposta dada pola organización, na páxina de Facebook do Festival, ás queixas dos usuarios

Resposta dada pola organización, na páxina de Facebook do Festival, ás queixas dos usuarios

Lindeiros.gal púxose en contacto coa dirección do Festival a unha da tarde para saber si querían facer algunha declaración sen que ata o momento, 00.30 da noite, obtiveramos ningunha resposta. Enviamos así mesmo unha mensaxe privada a Tussa, empresa dos autobuses, que polo momento tampouco respondeu.  No momento de escribir esta crónica as queixas seguen aparecendo nas redes sociais e acusan á organización de borrar moitos dos comentarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial