A anulación do proxecto de Formarís incorpórase a reunión que Martiño Noriega terá hoxe no Ministerio de Fomento

0

Compostela, 5 de novembro do 2018 – A sentenza dada a coñecer a semana pasada ven a confirmar a necesidade dun novo proxecto de urbanización para o SUNP-38 en Formarís ao quedar anulado o aprobado no 2010.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, viaxa hoxe a Madrid para tratar distintos asuntos no Ministerio de Fomento entre os que estará a posible solución a este problema. Desde hai un ano, coñecidas dúas sentenzas previas no mesmo sentido que a da semana pasada, o concello xa traballa en alternativas para que o enlace de Formarís poida desenvolverse no menor tempo posible.

Un proxecto nulo

No ano 2010 á empresa municipal Emuvissa preparou o proxecto de urbanización coa perspectiva de que os propietarios dos terreos, particulares e empresas, foran os que pagaran os traballos xa que sairían beneficiados. O custo calculouse en máis de catro millóns de euros e chegouse a embargar contas por non pagar a conta de liquidación pese a que fora recorrida nos xulgados.

A Xunta de goberno acataba a semana pasada a última das sentenzas contrarias ao plan aprobado no 2010 e anulaba definitivamente o proxecto de urbanización. Con todo o alcalde explicaba que as solucións van ben encamiñadas xa que a expropiación dos terreos xa se viñeron aboando aos propietarios polo que a construción da rotonda da Finsa poderíase acometer por parte do ministerio.

Reunións en Madrid

O alcalde explicou que a tramitación deste proxecto será un dos asuntos que aborde co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, co que se reunirá o luns en Madrid. Martiño Noriega adiantou que tamén pretende facer seguimento con José Javier Izquierdo Ronsero de actuacións comprometidas ou en marcha, como o enlace orbital ou a conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura.

Hoxe, Martiño Noriega tamén se reunirá en Madrid coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, para facer seguimento do convenio da construción da intermodal. Está previsto que nesa xuntanza tamén participe a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial