A Ánxel Casal continúa co programa Bibliomercado: a Biblioteca ao teu servizo

0

Compostela, 13 de outubro do 2017 – A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal estará presente un ano máis no Mercado de Abastos de Santiago, co programa Bibliomercado.

O programa Bibliomercado permanecerá aberto todos os sábados de outubro en horario de 8.30 a 13.45 h.

Os composteláns que se acheguen para facer as súas compras na Praza de Abastos poderán coñecer a colección da Biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais. Os asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os seus servizos: actividades culturais (contacontos, monicreques, concertos…), clubs de lectura, “biblioteca accesible”, consulta de Internet, préstamo de portátiles, de e-readers, etc.

No propio posto se facilitarán os trámites para facerse socio (impresos, realización de fotografías tamaño carné no acto…) e os novos lectores recibirán a tarxeta por correo postal no seu domicilio.

A guía editada con motivo desta actividade ofrece, ademais, unhas suxestións para a “lista da compra” na próxima visita que faga o lector á biblioteca e un cadro cos servizos comúns que ofrecen o mercado e a biblioteca.

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal quere expresar un ano máis o seu agradecemento á Xerencia do Mercado de Abastos pola súa colaboración coa Biblioteca na difusión dos seus servizos entre os cidadáns de Santiago de Compostela.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies