III Semana da Cultura Chinesa na programación mensual da Ánxel Casal.

0

Compostela, 4 de febreiro do 2018 –  A cultura Chinesa será unha das protagonistas da programación de febreiro da Biblioteca Ánxel Casal ademais dun concurso de cartas de amor e a lembranza de Rosalía de Castro.

Será a partir do día 16 cando a biblioteca celebre a III Semana da Cultura Chinesa. Está organizada pola Asociacion Cultural Educativa Qu Yuan, coordinada por Miguel Cortes, vogal de Intercambios Linguisticos e Actividades Culturais da Asociacion; Wang Quan, da Oficina de Relacions Exteriores da USC e coa participación de estudantes universitarios chineses de intercambio na USC. A continuación a programación de esta semana

  • Venres 16 as 19:00 h inauguración do ciclo de actividades e concerto de musica tradicional chinesa no salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Exposición “Primeiras lembranzas de familia en China” do 16 ao 3 de marzo no vestíbulo.
  • Martes 20 as 18:00 h nas salas de traballo: “Escritura chinesa con pinceis” A cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan e Miguel Cortes Hernández. A maxia e beleza da escritura chinesa nas nosas mans, nos nosos trazos: unha experiencia divertida de sensibilidade e destreza para os participantes. Dirixido a un publico infantil e adulto. Terán preferencia os nenos e nenas de 6 a 16 anos.Inscricion previa na biblioteca e por telefono. Max 20 persoas.
  • Mércores 21 as 18:00 h na sala infantil obradoiro: Papiroflexia. A cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Wang Quan e Miguel Cortes Hernandez. Unha tradición oriental na que a atención, a habilidade e a memoria conxúganse coa creatividade e o entretemento. Dirixido a un publico infantil e adulto. Terán preferencia os nenos e nenas de 6 a 16 anos. Inscrición previa na biblioteca e por telefono. Max 20 persoas.
  • Venres 2 de marzo as 17:30 h no salón de actos obradoiro: “Farois chineses da boa sorte”. Construiremos estes elementos tan vistosos e tradicionais, decorados cos carácteres chineses da boa sorte para celebrar o Ano Novo do Can. Ao finalizar as familias que o desexen poden acompañar a Asociacion Qu Yuan ao lago do Parque da Musica a botar os farois a auga. Dirixido a persoas de 6 a 100 anos. Inscrición previa na biblioteca e por telefono. Max 40 persoas.

    Venres 2 de marzo as 20:30 h: Clausura da Semana da Cultura Chinesa no salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Este mes celébrase por outra banda o VI Concurso de Cartas de Amor en Galego para o dia dos namorados. Poderán presentar os seus traballos os maiores de 14 anos. O prazo de presentación será do 1 ao 14 de febreiro de 2018. Pódense consultar as bases na paxina web da biblioteca. O fallo do xurado será o mércores 21 de febreiro, as 19:00 h no vestíbulo.Nese momento leeranse as obras ganadoras en voz alta e falarase sobre o amor e o proceso de creación das cartas cos autores e co publico que se queira sumar ao evento. Haberá 3 premiados con lotes de libros.

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro polo que a Biblioteca tamén o lembrarán de xeito especial. As persoas que se acheguen atoparan versos soltos da autora nas mesas, ordenadores e ascensores.

A próxima semana, o día 7, terá lugar unha mesa redonda sobre a explotación laboral. Será as sete e media no salón de actos. A biblioteca cede o espazo ao partido SAIn para esta actividade na que participaran unha traballadora do téxtil, un traballador da hostalería e un traballador sanitario. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies