A Ánxel Casal presentou a programación para adultos para o mes de xaneiro

0

Compostela, 2 de xaneiro do 2018 –  A Ánxel Casal ven de presentar a programación para o primeiro mes do ano, destacan as distintas mostras e a continuidade de programas como os cafés de idiomas ou as visitas guiadas.

Este mes a Ánxel Casal seguirá tamén aproveitando o salón de actos como sala de concertos ou espazo de contacontos para os máis cativos.

Mostras bibliográficas

Son varias as mostras que se poden visitar ata finais de mes.

“Os premiados de 2017”, é unha recompilación de libros, autores e autoras que recibiron premios literarios ao longo do ano. Estará aberta ata o 31 de xaneiro no 2º andar.

“Young adult: distopía, fantasía e romance” ata o 12 de xaneiro no 2º andar.

Exposición: “o legado indiano na mariña lucense”

Ata o  16 de xaneiro no vestíbulo da biblioteca. A biblioteca cede o espazo a Antonio Lage‐Seara para a presentación desta exposición sobre a emigración.

Recital de guitarra clásica

O 4 de xaneiro ás 19:30 h no salón de actos terá lugar este concerto con dous protagonistas, cada un co seu propio programa.

A primeira parte do concerto correrá a cargo de Marta González Tojo co seguinte programa:

En los trigales, Joaquín Rodrigo, Soirées d’ Auteil, Napoleón Coste, Estudo XX, Leo Brouwer, Mysterious habitats, Dusan Bogdanovic

A continuación será a quenda de Luís Alonso Cruz Ramos que interpretará

Sonata Op. 15, Fernando Sor, Homenaje a Debussy, Manuel de Falla, Quatre bagatelles en forme de suite cosmique, Marco Smaili, Recuerdos de la Alhambra, Francisco Tárrega

A biblioteca cede o espazo para este acto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Día dos usuarios

O Xoves 11 de xaneiro a Ánxel Casal celebra o Día dos usuarios con ese  motivo a biblioteca convida a todos os seus lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas nas bibliotecas públicas da Xunta de Galicia: nomeamento de socios de honra, incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante este día e visita guiada ás 12:00 h, aberta a todo o público que desexe coñecer os servizos, espazos e coleccións que ofrece a Biblioteca.

Visitas guiadas

Ao marxe das do Día dos usuarios, o 9 e o 23 de xaneiro de 11:00 a 12:00 h e pola tarde de 17:00 a 18:00 h a Ánxel Casal  organiza visitas guiadas para coñecer a biblioteca e os seus servizos.

Formación de usuarios e usuarias

As salas de traballo do terceiro andar convértense nunha escola para que os usuarios coñezan como usar mellor a biblioteca. As citas son os luns e xoves de 11:00 a 12:30 h e de 17:00 a 18:30 h. As sesións do último xoves do mes están dedicadas á formación de Galicia Le. Para esta actividade e preciso reservar praza por teléfono ou na propia biblioteca.

Café de idiomas

Continúan no 2018 os cafés de idiomas. Unha proposta da biblioteca para practicar dun modo informal diferentes linguas estranxeiras. Non se esixe ningún nivel mínimo, non hai profesores e non se precisa inscrición previa. O mínimo para que funcione son 2 persoas.

De 16:30 a 17:30 h: Inglés (luns); Francés (martes); Portugués (mércores); Italiano: (xoves); Alemán (venres)

De 18:00 a 19:00 h: Catalán (luns); Eúscaro (martes); Árabe (mércores); Checo (xoves); Polaco (venres)

De 19:30 a 20:30 h: Chinés (luns); Xaponés (martes); Lingua de signos (mércores); Español como lingua estranxeira (xoves); Galego para non galegofalantes (venres)

Aula de maiores

Margarita Castro Rey e Amador Seoane Pardo, participantes do programa de voluntariado cultural da rede de bibliotecas de Galicia, dirixen unha actividade pensada para os maiores de 55 anos que queren lembrar o que aprenderon hai tempo. Os martes e mércores de 10:30 a 12:00 h nas salas de traballo do 3º andar. O período de inscrición abriuse o 21 de setembro e prolongarase ata o remate da actividade no mes de xuño. Máx. 10 persoas.

Clubs de lectura

Reúnense en semanas alternas nas salas de traballo en grupo do 3º andar, agás o de Banda deseñada que o fai na Bedeteca, no andar baixo. Para máis información contactar coa biblioteca ou web.

Banda deseñada: Luns de 19:30 h a 21:00 h. Español: Mércores de 19:30 h a 21:00 h. Francés: Venres de 19:30 h a 21:00 h. Galego: Mércores de 19:30 h a 21:00 h. Inglés: Xoves de 19:30 h a 21:00 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies