займ срочно

A AP-9 xa conecta desde onte con Lavacolla de xeito directo

0

Compostela, 4 de xaneiro do 2018 – O presidente do goberno, Mariano Rajoy, inaugurou onte o enlace da autoestrada AP-9 coa autovía A-54 que leva ao aeroporto de Lavacolla e no futuro a Lugo.

A unión directa da autoestrada con Lavacolla é polo momento so de ida xa que de volta os vehículos teñen que pasar pola rotonda na que comeza a autovía e polo periférico antes de poder coller de novo a AP-9.

O Presidente do goberno, Mariano Rajoy, presidiu o acto no que estiveron presentes tamén o Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e o alcalde de Santiago Martiño Noriega.

No principio do acto púidose ver, do outro lado da autoestrada, a membros do BNG con pancartas para protestar polos peaxes na AP-9. Unhas protestas que comezaron a semana pasada na inauguración da ampliación da ponte de Rande.

Unha zona de alta densidade de tráfico

O enlace con Lavacolla aberto onte supón un aumento importante da capacidade da autoestrada. As obras realizadas incluíron a ampliación da sección transversal, construíndose un carril adicional entre Santiago Centro e Santiago Sur (tres carrís por sentido nese subtramo) e dous carrís adicionais entre Santiago Norte e Santiago Centro (catro carrís por sentido).

Este tramo soporta unha intensidade media diaria de máis de 42.000 vehículos/día, alcanzándose nos meses estivais tráficos medios que superan os 52.000 vehículos/día. Así mesmo, prodúcense incrementos significativos de tráfico en horas punta nun tramo no que conviven tránsitos de longo e curto percorrido.

Investimento

O investimento total (obras, expropiacións e asistencias técnicas de control

e vixilancia e redacción de proxecto) ascende a 84,8 millóns de euros, sendo o orzamento das obras de 75,65 millóns de euros, incluíndo tamén a remodelación da ligazón de Sigüeiro aberta ao tráfico o pasado mes de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies