Reclaman que se limite o aparcamento na N-550 en Padrón

0

Padrón, 27 de novembro do 2017 – O BNG de Padrón ven de presentan unha moción, para ser debatida en pleno, na que solicita que se limite, a dúas horas, o aparcamento na Avenida de Compostela (N-550) entre as 9 da mañá e as nova da noite.

O BNG explica que despois de que se aprobara, no mes de decembro do ano pasado, a peonalización do casco histórico é necesario seguir coas medidas que poidan dinamizar o comercio, a hostalería e os servizos en xeral. Os nacionalistas consideran que unha das cuestións claves para a viabilidade das áreas comerciais é a accesibilidade, aparcamentos e paradas que animen aos clientes a achegarse aos negocios.

O BNG engade que no caso de Padrón o aparcamento ao longo da N-550 está sempre completo ademáis de non invitar a parar “Nunca hai sitio para estacionar. Pode habelo nas inmediacións, pero iso non o ven nin o condutor nin os pasaxeiros dun coche en tránsito. Esta é a imaxe que ofrece Padrón ao longo da N-550, que é o seu escaparte. É unha imaxe de barreira a modo de coches estacionados. Barreira que invita a seguir de longo e buscar outro sitio máis accesible. Son moitos os visitantes e veciños das parroquias do Concello que teñen que facer compras ou xestións de pouco tempo que buscan outras localidades por non atopar aquí estacionamento ou non dar voltas”.

Os nacionalistas consideran que o casco histórico de Padrón e o comercio da vila están en declive e o aparcamento, sin ser a soluci´`on definitiva, e algo que axudaría a reverter esa situación.

Por todo isto os nacionalistas solicitan na moción os seguintes puntos

1.- O establecemento de aparcamento por tempo limitado entre as 9 e 21 h. (2 h) na N-550 (Avenida de Compostela) entre  o Banco Popular e La Caixa, así como na rúa diante de “Os Carrisos”

2.- Que a aplicación da medida se faga efectiva a partir do 01/12/2017 (para que o comercio poida xa aproveitar a campaña do Nadal)

3.- Indicar con grandes paneis nas entradas de Padrón as áreas de estacionamento.

4.- Facer unha campaña en colaboración co comercio local de Padrón coma Centro Comercial Aberto.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies