Reclaman prazas de aparcamento na Praza da Feira da Estrada

0

A Estrada, 24 de setembro do 2018 – O BNG da Estrada ven de reclamar que se conte con prazas de aparcamento na remodelación da Praza da Feira.

O portavoz do BNG, Xosé Magariños, móstrase en contra de humanizar a Praza da Feira sen contar co prexuízo de quitar prazas de aparcamento “Xa o dixemos en moitas ocasións, se o goberno do PP non aumenta as zonas de aparcamento público en superficie antes de facer humanizacións, este goberno empezará a casa polo tellado. Non hai máis que ver a praza calquera día da semana, así como o aparcadoiro que hai na carballeira da Feira, para ver que fan falta zonas de aparcamento. Humanizar sen crear antes esas prazas prexudica aos veciños e veciñas e para o comercio sería xa a gota que colma o vaso dunha desfeita anunciada”.

O BNG explica que se da a mesma circunstancia na Avenida Fernando Conde onde tamén se eliminaran prazas de aparcamento sen pensar antes nunha alternativa. Os nacionalistas consideran que se trata dun proxecto que está “nas antípodas do que o BNG propuxo no seu momento, que apostaba por apertura de novas rúas para desconxestionar o tráfico e dar saída á N-640. Con todo, se non chega a ser polo BNG lanzando unha proposta de actuación en Fernando Conde, hoxe nin tan sequera figuraría na axenda do alcalde”.

O BNG insta ao equipo de goberno a reflexionar e non anunciar proxectos sen pensar antes nas consecuencias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial