Aposta pola humanización da rúa Alfonso Senra en Ordes

0

Ordes, 20 de novembro do 2018 – A avenida Alfonso Senra de Ordes, recibirá un investimento de 398.000 euros que servirán para a súa humanización.

A Consellería de Medio Ambiente e Vivenda aporta 318.00 euros sendo o resto por conta do concello. As obras irán desde o cruce da rúa Compostela ata a Rúa Casabella. O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou o tramo da rúa Alfonso Senra acompañado pola alcaldesa en funcións, Ana Soneira, así como por José Luís Martínez Sanjurjo e os concelleiros José Manuel Mira e Susana García.

A actuación englóbase dentro do Plan Hurbe e contempla a construción de beirarrúas unha vez se retire o pavimento existente en bastante mal estado. Previamente levarase a cabo a canalización de servizos de saneamento, augas pluviais, abastecemento de auga potable, rede de baixa tensión, comunicacións, telefonía e iluminación pública.

rhdr

A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, sinala a súa “importancia xa que se trata da vía máis importante non só para os habitantes da nosa vila, senón tamén para moitos e moitas visitantes, así como para os condutores que transitan pola N-550. A obra vén complementar outros proxectos de humanización, dotación de  equipamentos ou na mellora e eficiencia enerxética no sistema de iluminación”.

Pola súa banda, o delegado territorial recordou que “a Xunta promove e colabora neste tipo de actuacións co obxectivo de rehabilitar, recuperar e conservar os equipamentos urbanos municipais, co fin de mellorar a calidade de vida da súa cidadanía e do público en xeral”.

No período 2010-2018 destináronse preto de 40 millóns do Plan HURBE en toda a provincia para financiar un total de 35 actuacións nunha trintena de concellos; que no conxunto da Comunidade galega elévanse a 124 millóns de euros en 164 actuacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial