займ срочно

Apóstolo día 7, chega a noite dos Fogos

0

Compostela, 24 de xullo do 2018 – Segue sendo a noite máis esperada das Festas do Apóstolo, desde un par de horas antes o Obradoiro comeza a encherse para presenciar o espectáculo da pólvora e, desde hai xa uns anos, as luces e proxeccións, os Fogos do Apóstolo.

Os Fogos de este ano terán, según a empresa, un enfoque máis cinematográfico. Comezaran as 23.30 e durarán media hora. Desta vez, déuselle unha maior importancia aos fogos artificiais, con máis de 6.000 efectos de disparo, fronte aos 3.000 do ano pasado. O obxectivo é que conseguir que máis veciños e veciñas poidan disfrutar dos Fogos, tendo en conta as limitacións de aforo da praza do Obradoiro. En canto á parte audiovisual, volverá facer un percorrido histórico dende o descubrimento da tumba do Apóstolo ata a construción da cidade histórica

Mercedes Peón

Pero o día ten outra proposta moi recomendable, Mercedes Peón estará as dez da noite na Quintana. A artista presenta o seu novo traballo que leva por título “Déixaas”, será o preámbulo perfecto para o espectáculo do Obradoiro.

A axenda festeira complétase coa actuación de Mega Purple Sex Toy Kit no Toural, dentro do ciclo Compostela É! Música.

Programa martes 24 de xullo

Romaría dos libros durante todo o día na Praza de Mazarelos

Encontro de Xigantes e Cabezudos, 12.00 na Praza da Quintana e 12.30 na Praza do Toural

22.00 Mercedes Peón na Praza da Quintana

23.30 Espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo

00.00 Mega Purple Sex toy Kit na Alameda Praza do Toural

00.00 Orquestra Metrópolis na Alameda

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies