займ срочно

Apóstolo día 8, tras os fogos chega o reggae con Dub Inc

0

Compostela, 25 de xullo do 2018 – A noite dos fogos, moito máis centrados en dar espectáculo cara a fora que para a praza, da paso a unha xornada de reggae cos franceses Dub Inc.

Dub Inc estarán na Quintana a partir das dez da noite. Son unha banda de reggae nacida na localidade francesa de Saint-Étienne en 1997. Combinan unha ampla variedade de estilos, desde o dancehall, dub e ska, ata o hip-hop, con claras influencias da música africana e bereber. Ese eclecticismo mantense tamén no idioma das súas cancións, cantadas nunha mestura de francés, inglés e kabyle. A banda ten encabezado os carteis dos principais festivais europeos de música, e é gañadora de tres Premios do Reggae. Teñen seis discos no mercado e o último deles, So what viu a luz en 2016.

E continúa tamén o ciclo Compostela É! Música no Toural. Oìma Trío subirase ao escenario as once da noite. Son un grupo formado por Antía Ameixeiras, ao violín; Martiño Senande, no acordeón diatónico, e Olalla Liñares, no clarinete. Estes tres mozos mostran coa súa música todas as posibilidades que ofrecen tan só tres instrumentos, con sons tradicionais galegos coo a muiñeira ou o maneo, pero tamén chegados doutros moitos lugares do mundo, como o tango, a rachenitsa, a mazurca ou a chapeloise.

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”88″ sortorder=”1233,1230,1231,1232,1234″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”4″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Programación mércores 25

Durante todo o día ROMARÍA DOS LIBROS

Praza de Mazarelos

10.00 h. Procesión do padroado do Apóstolo Santiago

Ofrenda Nacional ao Apóstolo na S.A.M.I. Catedral

12.30 h. CHARANGA DE CABEZUDOS

praza das Praterías- rúa do Franco-rúa do Vilar- praza do Toural- rúa de orfas-Caldereiria- Preguntoiro ou San Fiz (dependendo donde haxa máis xente)- praza de Cervantes- Cantón de San Bieito- rúa Travesa- Casas Reais- praza de cervantes- rúa do Preguntoiro- Fonte Sequelo- Teatro Principal

22.00 h. CONCERTO:

DUB INC

Praza da Quintana

22.30 h. Orquestra ARMONÍA SHOW

Paseo Central da Alameda

23.00 h. COMPOSTELA É! MÚSICA

OÎMA TRIO(músicas do mundo)

Antía Ameixeiras Cundins – Violín

Martiño Senande Rivera – acordeón diatónico

Olalla Liñares García – Clarinete

Praza do Toural

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies