займ срочно

Apóstolo día 13, fogos fin de festa e recepción aos veciños

0

Compostela, 31 de xullo do 2018 – Unha tradición de sempre, os fogos desde a Ferradura, e unha instaurada en esta lexislatura, a recepción aos representantes veciñais, poñen fin as festas do Apóstolo 2018.

Hoxe martes o alcalde recibirá no Pazo de Raxoi a membros das asociacións veciñais e do Consello de Relacións Veciñais para presenciar os fogos fin de festa do Apóstolo. A recepción terá lugar ás 22:30 horas e a ela están convidados dous integrantes de cada unha das asociacións veciñais de Santiago de Compostela. Serán as propias entidades as que designen aos representantes neste acto. Tamén recibiron convite os integrantes actuais do Consello de Relacións Veciñais.

Despois da recepción, todos os convidado poderán presenciar dende a terraza do Pazo de Raxoi os fogos de fin de festa do Apóstolo, que se lanzarán dende o Campus Sur a partir das 23:30 horas. Este ano 2018 recupérase este acto, despois de que no pasado Apóstolo non puidera realizarse a causa das obras na terraza do Pazo de Raxoi.

Programa martes 13

22.00 h. – ROSALÍA – Praza da Quintana

23.30 h. FOGOS FIN DE FESTA – Campus Sur (Consorcio de Santiago)

24.00 h. Orquestra ASSIA – Paseo Central da Alameda

24.00 h. Cantos de Taberna de MANOLO BACALHAU: – Sondobar – Praza do Toural

Fogos do 31 no 2017

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”40″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies