O Apóstolo céntrase hoxe nos nenos coa Romaría Cativa

0

Compostela, 20 de xullo do 2017- As Festas do Apóstolo dedican o xoves aos nenos coa Romaría Cativa pero a música e os bailes serán tamén protagonistas da xornada.

A Romaría Cativa comeza as 12 no Parque Eugenio Granell e tedes toda a información no artigo que publicamos hai uns días.

Pero si sodes dos que gustan dos bailes hoxe é un bo día porque teredes oportunidade de disfrutar con Baile Asalto, obradoiros de iniciación con música en vivo

12.30 h: Bailes mandados, con Mercedes Prieto e Sergio Cobos

19.00 h: Baile galego, con Seráns de Compostela

21.00 h: Obradoiro exprés de Os Cempés

22.00 h: Concerto “Baile 100%”, Os Cempés

desde as 12.30 h | Praza do toural

Outro estilo musical que ten moitos adeptos é a zarzuela. A Banda Municipal de Música ofrece un repertorio das mellores a partir das oito da tarde na Praza de Praterías.

Non dentro do Apóstolo pero si ao mesmo tempo ten lugar o Via Sacra Fest que organizan as Crechas e os Cervantes en esa rúa, A Vía Sacra. Hoxe a cita e as seis da tarde con Tiberevi. Formado polos irmáns Beatriz e Xabier Blanco, Tiberevi fai un uso moi particular do acordeón diatónico  creando co público un espazo íntimo en cada un dos seus concertos.

E si quedades con ganas de máis intimidade nada mellor que uns boleros a partir das 20.30 na Praza de Feixoo, a apenas 50 metros da Vía Sacra, con Dos Balazos Sonaron (Pardo & King).

As nove quedan aínda dúas citas moi dispares. Na praza de Salvador Parga Cintaadhesiva cunha performance de poesía e música. E na praza da Quintana como che contábamos onte Uxía e a Real Filharmonía de Galicia.

Unha xornada completa a das festas do Apóstolo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies