займ срочно

O Apóstolo vai do Escalo a La Shica

0

Compostela, 23 de xullo do 2017 – As Festas do Apóstolo celebran hoxe unha das citas máis tradicionais, a Festa do Escalo e Chaián ademais do programa Artellando que ocupará todo o día.

Banda Recreativa de Calo en Praterías

Banda Recreativa de Calo en Praterías

Boa mostra da importancia da Festa do Escalo no Apóstolo e que chega a edición XLIII co seu concurso de ciprínidos e a romaría ao longo de todo o día, o lugar coma sempre a área recreativa de Chaián.

As doce e media Compostela recibe a visita da Banda Recreativa San Xoán de Calo baixo a batuta de Moncho López Couso. A cita en Praterías as 12.30 do mediodía.

A sesión vermú do Apóstolo este domingo sera con Presumido na praza de Cervantes a unha e media da tarde.

O Artellando comeza as nove da noite nos recunchos, en este caso no Parque de Bonaval, artes escénicas con Torre de Babel e: Cerebro, artes, acción.

La Shica

La Shica

Este domingo é tamén o dedicado a xornada de folclore a partir das nove e media na Quintana con Brincadeira, Cantigas e Agarimos. Ponte Vella e Ultreia.

Artellando na noite deixanos unha sopresa no Toural. O Apóstolo recibe a La Shica, dous premios da música como artista e autora revelación. Unha muller que fusiona o pop co flamenco ou o hip hop cunha facilidade pasmosa, e todo mentres mestura danza clásica e baile flamenco. Un luxo a partir das once da noite no Toural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies