займ срочно

A  APP do Concello de Ordes rexistra máis de 1000 descargas en menos de 6 meses

0

Ordes, 27 de xuño do 2017 – En menos de seis meses da súa posta en marcha a nova App para teléfonos móbiles do Concello de Ordes rexistra uns excelentes resultados con máis de 1.000 descargas entre os sistemas IOS e Android.

Este dato, unido ao posicionamento no buscador de Google Play tendo unicamente por diante o Concello da Coruña, pon de manifesto o grande interese que esta aplicación acadou entre a poboación.

A App caracterízase pola súa funcionalidade, facilidade de manexo e por un atractivo deseño. Entre as múltiples vantaxes que ofrece figura  un servizo para comunicar incidencias ou calquera aspecto que se  considere necesario,  e que se pode complementar mediante fotografías e xeolocalización. Os usuarios e usuarias tamén poden enviar consultas e recibir avisos mediante notificacións push, acceder ás novas de maneira diaria, obter información do municipio e das parroquias, así como escoitar en directo Radio Ordes. A isto hai que engadir un amplos directorios telefónicos e de enderezos, ademais das localizacións de servizos, corpos de seguridade, sanitarios, datos meteorolóxicos etc.

Farmacias, autobuses…

Non faltan tampouco os horarios de autobuses, necrolóxicas, farmacias ou os servizos de garda. A través da axenda pódense consultar os actos e citas importantes coa posibilidade de integralos moi sinxelamente nas axendas. Tamén ten habilitada unha sección turística con información sobre hostalaría e restauración; hostais, hoteis e residencias; rutas e camiños, aspectos culturais como DesOrdes Creativas; ou mesmamente o Camiño Inglés.

Este servizo foi financiado integramente pola Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies