Aprendendo a compartir

0
Fátima García Doval Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa. Experta en tecnología y Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en Santiago de Compostela. http://discapacitodos.com/

Fátima García Doval
Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa. Experta en tecnología y Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de educación especial en Santiago de Compostela.
http://discapacitodos.com/

No meu concello adoptivo temos unha libreira que non a merecemos. Ademais de gran profesional e boa persoa, é un dos seres máis falangueiros que coñezo. Un lapis HB coa tenda baleira equivale a unha leria de 40 minutos. Un pracer, vaia.

Fai non moito, nunha das miñas incursións por material escolar intranscendente, a conversación derivou cara ao odioso costume que teñen os nenos de crecer e cambiar de talla sorpresivamente no momento máis inapropiado e inoportuno da tempada, xeralmente a tres ou catro semanas dun cambio de estación. Afortunadamente en Galicia o “entretempo” dura uns 200 días, o que dá certa marxe de uso á roupa Pero noutras latitudes estes crecementos repentinos supoñen que, polo xeral, as novas pezas de roupa póñense tres ou catro veces antes de volverse insoportablemente cálidas, ou frías, e quedar pequenas de cara á tempada seguinte.

Segundo a miña libreira, coa diminución do tamaño das familias e a súa dispersión, o excedente téxtil infantil que quedou “case novo” xa non ten a mesma saída que antes. Parece, e non é a primeira vez que oio o comentario, que non pouca xente se sente ofendida se lle ofreces a roupa na que o teu fillo non entra xa nin embutido, independentemente do estado en que se atope (e aínda sen estrear, que se deron casos). E oféndense porque asumen que con ese xesto dás por sentado que “son pobres” ou que “teñen problemas para comprarlles a roupa aos seus fillos”.

IMAXE FATIMA OUTUBRO 2015

Ilustración de Jorge del Oro

Esquece esta xente que “herdar” roupa é un xesto educativo e de responsabilidade cidadá. Que non se trata do diñeiro senón da filosofía de vida que hai detrás.

A miña filla, a pesar de que os seus pais non teñen problema económico ningún que lles impida vestila e calzala “do trinque”, usa roupa herdada a carón da que se compra para ela. A falta de irmáns ou curmáns, vive nunha veciñanza chea de xente cabal que estableceu un fluxo téxtil organizado entre todos os membros da tribo apache que poboa o xardín comunitario. E usa roupa herdada por principios, polos que teñen os seus pais e os que queren inculcarlle á súa filla:

*que tirar roupa que está en perfecto uso é un estrago de materiais e enerxía que o planeta non se pode permitir.
* que é unha falta de respecto cara aos demais. Vivimos en comunidade, todos tomamos cousas dos outros, xa sexan bens ou servizos. E ese pacto social non escrito fortalécese cando compartimos e somos solidarios.
* que usar algo que pertenceu a outra persoa non é unha humillación senón unha honra.
* que é tan honorífico para quen entrega como para quen recibe.
* que a contraprestación é entregar aos demais aquilo que pode darlles servizo nas mellores condicións posibles (roupa, libros, xoguetes…).
* que a humildade e o agradecemento son virtudes que nos engrandecen.
* e que é un dispendio económico, que só beneficia a empresarios sen escrúpulos, por suposto. Este diñeiro estaría mellor empregado en facernos crecer como persoas, viaxar, cultivarnos, vivir experiencias, etc.

Do mesmo xeito, sempre que pode, fai uso do banco de libros de texto, tanto como doante coma como receptora e regala decote os xoguetes que xa non usa. Leccións de vida.
Non quero darlle á miña filla todo o que queira, senón todo o que necesita. E sobre todo necesita educación, o firme andamio que, na fartura e na pobreza, axudaralle a saír adiante na vida.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies