займ срочно

Viaqua tería que pagar ao concello de Teo máis de un millón e medio de euros se acepta a última sentenza

0

Teo, 26 de abril do 2018 – O conflito sobre a municipalización da auga en Teo da un paso máis ao coñecerse a última sentenza na que os tribunais, pese a estimar parcialmente as reclamacións de Viaqua, a antigua Aquagest, abalan os criterios da intervención municipal.

O xuízo sobre o que Viaqua debe ao concello de Teo e o que o municipio lle debe a empresa e tan complexo que se remonta, no cálculo das contas, ata o 2001 aínda que nace da prórroga aprobada no 2007 polo anterior equipo de goberno. En dito contrato de prorroga aprobábanse as liquidacións con Aquagest desde o ano 2001. Esta aprobación  das liquidacións implicaba que todo o reclamado pola empresa desde o inicio da firma do contrato prorrogado dábase por bo e recoñecíase a obrigación de pago, liquidacións informadas negativamente pola intervención do concello. A sentenza anulou no seu día a aprobación da prórroga do 2007, esta anulación implicaba a súa vez que a aprobación das liquidacións presentadas pola empresa eran tamén anuladas e quedaban de novo pendentes de aprobar.

O alcalde de Teo, Rafa Sisto, daba unha rolda de prensa para explicar polo miúdo todos estas diferenzas de criterio con Aquagest. O rexedor comezaba mostrando a súa satisfacción xa que a sentenza abala os informes de intervención nos que se pedía un novo cálculo das liquidacións

A sentenza recoñece os cálculos feitos pola intervención nos que Aquagest ten que aboar ao concello por tres conceptos distintos

Por outra banda Aquagest reclamaba ao concello algo máis de un millón oitocentos mil euros por inversións realizadas e o concello consideraba que a cifra a pagar non supoñía máis de 800.000. É en este punto onde a sentenza estima parcialmente a demanda da compañía

A sentenza tamén lle nega a empresa o dereito a lucro cesante, que Aquagest estimaba en pouco máis de 200.000 euros, nin o custo dos asesores legais que estimaban en algo máis de 90.000 €.

O problema xurde de novo co que queda por decidir. A última conta de este rosario de reclamación e a que corresponde as liquidacións desde o ano 2007. Estas liquidacións trimestrais estaban en torno aos 30.000 euros polo que Aquagest deixaba de percibir no cobro dos recibos. A sentenza recoñece que lle corresponden pero que terán que ser calculadas cando se execute a sentenza, e indica que se deben de aplicar os prezos do contrato orixinais.

Despois de todas estas contas o alcalde de Teo, Rafa Sisto, explica que o resumo e que a empresa aínda lle debería ao concello un millón e medio de euros

A sentenza pode ser aínda recorrida e Sisto espera de que en ese caso os tribunais resolvan no mesmo sentido que ata o de agora, validando os informes de intervención

Desde que servizo foi municipalizado polo concello de Teo o servizo de xestión de augas reduciu o seu déficit nun 50 %. O alcalde, a preguntas dos xornalistas, explicou que mentres Viaqua xestionou o servizo este presentaba un saldo negativo anual de 450.000 euros que reduciuse coa municipalización e pasou a ser de 200.000.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies