займ срочно

As árbores máis emblemáticas da Alameda de Compostela serán sinalizadas

0

Compostela, 29 de marzo do 2017 – O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou un proxecto que pretende “contribuír á posta en valor e mellora das condicións da Alameda, o parque máis histórico de Compostela”.

Trátase dunha iniciativa que permitirá sinalizar as árbores máis emblemáticas desta zona verde, grazas á colaboración entre o Concello, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago, e FINSA. Por iso, na rolda de prensa participaron a vicepresidenta de Alumni USC, MªJulia Melgar, e o responsable do negocio de aserradoiro de FINSA, Ismael Oliveira.

Un parque para a cidadanía

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia explicou que este proxecto permitirá sinalizar 71 exemplares da Alameda, que conta con máis de 80 especies de árbores distintas. Xan Duro explicou que se proporcionará información sobre os exemplares máis significativos entre os que se atopan o chamado Abeto A Perona, un tileiro prateado, a acacia de Constantinopla ou os eucaliptos de máis de 120 anos do Paseo dos Leóns. O edil amosouse moi orgulloso da Alameda compostelá e salientou que “cinco das súas árbores forman parte do catálogo das árbores senlleiras de Galicia”.

Xan Duro lembrou que no século XVI os propietarios dos terreos do que hoxe é a Alameda eran os Condes de Altamira, “que cederon unha parte aos franciscanos e outra ao pobo de Santiago, coa condición de que o seu uso fora para toda a cidadanía de Santiago”. Para o concelleiro de Medio Ambiente, “este proxecto respecta ese espírito, e pretende que toda a veciñanza poida gozar máis e coñecer mellor o que é o auténtico pulmón de Compostela”.

Colaboración de FINSA

O proxecto será posible grazas á colaboración de FINSA, que se encargará do subministro dos soportes e das placas rotuladas para a identificación das especies arbóreas. O responsable do negocio de aserradoiro da madeireira, Ismael Olveira, sinalou que esta iniciativa “enmárcase perfectamente na filosofía de FINSA de crear valor a partir dos recursos forestais, e de apostar pola madeira como produto sostible”. Os sinais fabricados por FINSA serán de pino de Galicia, tratado para seren resistentes ás condicións meteorolóxicas.

O nome das especies estará en galego, castelán, inglés e braille, e na placa figurará tamén un código QR para acceder a explicacións máis detalladas sobre cada especie. O obxectivo é que todos os postes estean colocados antes do verán.

Asesoramento de Alumni USC

A vicepresidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago explicou que foi este colectivo o primeiro en ver a necesidade de “sinalizar mellor as especies arbóreas da Alameda, dentro do seu obxectivo de divulgar o patrimonio de Santiago”.

Mª Julia Melgar sinalou que Alumni USC, que conta con 600 asociados en todo o mundo, buscou a implicación de FINSA e do Concello de Santiago este proxecto, que contou co asesoramento de profesores da Universidade. Ademais, a vicepresidenta da asociación lembrou que “Alumni USC e o Concello de Santiago veñen mantendo unha importante colaboración ao longo dos anos”, e o último exemplo foi a homenaxe a Francisco Giner de los Ríos na que participaron a asociación e a concellería de Educación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies