Árbores autóctonas para o polígono de Merelle

0

Ordes, 18 de xuño do 2019 –  O Concello de Ordes está a acometer un grande labor de reforestación e transformación da nova área de esparcemento situada no polígono industrial de Merelle.

Árbores autóctonas para o polígono de MerelleTrátase dunha parcela propiedade do Concello que conta cunha superficie de algo máis de 28.500 metros cadrados e que nun breve espazo de tempo quedará a disposición da veciñanza de Ordes, así como para os visitantes, usuarios e usuarias do polígono industrial de Merelle.

Os traballos, executados polos integrantes do obradoiro de emprego Brañas do Iló-Río Samo I, incluíron o adecentamento e desbroce da súa superficie. Posteriormente repoboouse con árbores de distintas especies autóctonas entre as que non faltan piñeiros do país, acevos, carballos, pradairos, castiñeiros, nogais etc. En total hai que falar de medio millar delas, as cales foron plantadas cos tratamentos axeitados, de maneira ordenada e cunha zona perimetral marcada con pedras e cáscaras de pinos que resaltan o aspecto ornamental do lugar.  Ademais catro sequoias indicarán os catro puntos cardinais.

Árbores autóctonas para o polígono de MerelleA isto hai que engadir a creación de camiños e carreiros para permitir o tránsito de persoas, así como a rehabilitación da rotonda central do espazo na que poderá verse o escudo de Ordes. Os concelleiros Xosé Manuel Rodríguez e Xosé Manuel Mira achegáronse esta mesma mañá para comprobar de primeira man a evolución dos traballos, contando para isto coas explicacións da directora do proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial