Caravaning Compostela chega por cuarto ano a Área Central

0

Compostela, 11 de maio do 2017 –  Area Central acollerá desde mañá día 19, o 20 e o 21 de maio a cuarta edición da feira do cámping, caravaning e autocaravaning Caravaning Compostela unha ocasión na que estarán presentes as empresas máis importantes e as marcas principais do sector do caravaning e autocaravaning de Galicia.

A edición deste ano distribuirase entre a Praza de Europa (a praza interior) e algunhas zonas dos corredores de Area Central, espazos que se encherán de máis de medio centenar en vehículos en venda ou aluguer. Esta feira é un gran escaparate para promocionar a práctica do cámping e o caravaning, así como unha plataforma comercial e de divulgación deste estilo de lecer familiar. Esta iniciativa tamén pretende descubrir esta forma de desprazarse e de facer turismo entre as persoas que non a coñecen.

Alcanzada xa a cuarta edición, Area Central aposta por traballar na consolidación desta feira, a única que se celebra en Galicia sobre esta temática e que consegue atraer a visita de persoas de diferentes puntos das catro provincias galegas. Os concesionarios participantes aproveitarán estes tres días para dar a coñecer as últimas novidades e os modelos máis recentes das marcas coas que traballan.

As empresas que repiten a súa presenza desde a primeira edición eses tres días en Area Central serán Yakart Centro Caravaning, Galicia Caravaning, Caracol Park e Caravanas Mallón. Esta edición súmase tamén Caravanas Costa da Morte. Os corredores de Area Central tamén contarán con casetas vinculadas a estas prácticas, como casas de motos, autoescolas de caravanas, axencias de seguros, asociacións de cámpings de España, etc.

Caravaning Compostela conta un ano máis co apoio do Concello de Santiago e tamén coa Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), agrupación presidida actualmente por Manuel Ángel Fernández-Arruty. Esta entidade, composta por máis de 500 socios, realiza un destacado traballo reivindicativo para dignificar a imaxe do autocaravanismo, poñer en valor a importancia deste colectivo a nivel turístico e para defender a necesidade de melloras dos servizos que lles ofrecen os concellos.

Caravaning Compostela forma parte do esforzo que realiza Area Central por ofrecer un calendario anual de eventos que resulten atractivos e enfocados cada un deles a públicos determinados; o que serve para complementar a oferta comercial, de restauración e de servizos cada vez máis interesante coa que conta Area Central.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies