Área Central comeza o curso cun torneo de xadrez e outro de chave

0

Compostela, 11 de setembro do 2017 – O vindeiro sábado 16 Area Central será a sede da celebración do I Torneo de xadrez Cidade de Santiago, organizado pola escola de xadrez Compostela, e o VII Torneo de chave da amizade, no que participarán un total de 32 parellas de Santiago e comarca.

Desde as 11.00 horas, dará comezo na esquina vermella de Area Central o torneo de xadrez, integrado no XII Circuíto de promoción da Federación Galega de Xadrez. Este torneo divídese nas seguintes categorías: sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e absoluta. O prazo para a inscrición aínda está aberto e toda a información pódese consultar na web da Federación www.fegaxa.com e na do club organizador www.escolaxadrezcompostela.gal.

A organización confía na participación duns 150 afeccionados ao xadrez procedentes de diferentes puntos de Galicia.

Doutra banda,  parte da Praza de Europa acollerá a partir das 16.00 horas as partidas que forman parte do VII Torneo de chave da amizade, no que se darán cita un total de 32 parellas afeccionadas a este xogo tradicional. A final, que dará comezo ás 20.00 horas, celebrarase no interior de Area Central.

Como complemento a estas dúas competicións e co obxectivo lúdico-educativo de dar a coñecer unha maneira alternativa de lecer, a Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela instalará na esquina azul e amarela diferentes xogos populares, cos que os nenos poderán descubrir os xogos de antes e cos que os pais e avós poderán botar a vista atrás e lembrar detalles da súa infancia. Estes xogos, como a ra, os birlos, etc., poderanse gozar a partir das 16.30 horas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies