Arola Moda e Queens Moda gañán o Premio Especial do Público no XIII Concurso de Escaparates de Nadal de Ames

0

Ames, 1 de febreiro do 2019 – Ames vén de dar a coñecer os gañadores do Premio Especial do Público no XIII Concurso de Escaparates de Nadal que corresponderon a Arola no Milladoiro e Queens Moda en Bertamiráns.

Coincidindo co Concurso de Escaparates levouse a cabo un sorteo entre a clientela que votou no concurso de escaparates, María Vilar Lagares, Lucía Puentes Vázquez e Mª Sol Vidal Otero resultaron gañadoras dun talón de 300 euros cada unha.

Escaparate de Arola Milladoiro

Arola Milladoiro

Pablo Suárez, da Asociación de Empresarios de Bertamiráns, Salomé Blanco, da Asociación de Empresarios do Polígono Novo Milladoiro, e José Manuel Fernández, da Asociación Viorneira Palmira Bulevar, tamén do Milladoiro, constituíron o xurado do XIII Concurso de Escaparates de Nadal 2018. Asemade, foron os encargados de efectuar o reconto dos votos que revelaron os gañadores do Premio Especial do Público, así como de extraer os boletos das gañadoras dos talóns das urnas. A técnica de Turismo, Sonia Moure, e o técnico AEDL, Jorge Couñago, asistiron en calidade de secretaria e secretario do xurado.

Escaparate de Queens Moda Bertamiráns

Queens Moda Bertamiráns

Así, dos 2.285 votos, dos cales 51 foron nulos por presentar algún espazo baleiro, 1.176 foron emitidos no Milladoiro e 1.109 en Bertamiráns. Tralo reconto dos boletos, os establecementos que recibiron o maior número de votos foron Arola Moda no Milladoiro, e Queens Moda en Bertamiráns, converténdose así nos gañadores do Premio Especial do Público, que leva consigo unha dotación económica de 200 euros para cada establecemento gañador. O segundo e o terceiro posto acadárono Aseguro e El Patio de mi casa Perfumes no Milladoiro, e o almacén de pensos Ricardo Paz Paz e Verónica Asorey Peluquería e Estética en Bertamiráns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial