A arquitecta en prácticas de Silleda continuará ata xuño

0

Silleda, 24 de Nadal do 2017 – A Deputación de Pontevedra vén de conceder ao Concello de Silleda a prórroga da arquitecta en prácticas, Andrea Anllo Lago. A entidade local solicitou a súa continuidade por un período de seis meses máis á vista do traballo realizado e tamén para poder rematar algún dos proxectos iniciados.

A arquitecta, iniciou o seu traballo como bolseira no departamento de Urbanismo de Silleda o pasado mes de xuño, a través  do Plan de Práctica Laboral da Deputación, por un período de seis meses co que agora completará un ano no consistorio.

Ademais de tarefas de apoio e colaboración co arquitecto municipal e a área de Urbanismo, (elaboración de comunicación previas, informes para licenzas de obras, certificacións urbanística, visitas a obras en procesos de execución ou rematadas para a súa certificación…) tamén iniciou a elaboración dos planos base para o concurso do novo consistorio.

Entre os traballos máis salientable figura a elaboración dun plan dixital das explotacións gandeiras e agrícolas rexistradas nos expedientes físicos do Concello a través do Sistema de Información Xeográfica, una tarefa iniciada e que poderá rematar grazas á prorroga da bolsa. Tratase dun interesante traballo que mellorará ademais a xestión e eficacia no departamento de Urbanismo. “Estamos moi satisfeitos co traballo que está a realizar esta bolseira  que ademais de adquirir experiencia profesional desenvolve interesantes propostas coma o plano SIX das explotacións do municipio”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.

Nas actividades realizadas pola bolseira figura tamén a colaboración con destacados proxectos que están en marcha coma a rede de calor con biomasa, na elaboración dos planos para o proxecto de instalación das caldeiras ou a participación no inventariado de fincas municipais para a produción de acha, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies