займ срочно

Arquivada a causa contra Jorge Duarte, o alcalde pregunta onde quedan agora todas as acusacións (audios)

0

Compostela, 16 de maio do 2017 –  A xuíza encargada das dilixencias abertas ao concelleiro Jorge Duarte polo caso dos expedientes abertos a varios locais de hostalería notificou o arquivo da causa, ao entender que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade non cometeu delito de prevaricación.

O alcalde e Jorge Duarte informaron da decisión xudicial nunha rolda de prensa na que mostraron a súa satisfacción porque “o auto ratifique o que o Goberno defendeu ao longo de todos estes meses: que só actuou buscando a máxima seguridade xurídica”.

O alcalde explicou que o auto de arquivo das dilixencias previas “é provisional, porque hai tres días para presentar recursos”, pero mostrouse convencido de que “non haberá ningún cambio porque o auto é o suficientemente contundente”. Martiño Noriega confirmou que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade recuperará as competencias en materia de licenzas e disciplina urbanística, que lle foran delegadas temporalmente ao edil Xan Duro despois da citación xudicial a Jorge Duarte.

O alcalde tamén dixo que lle gustaría que se lle dedicara a esta noticia o mesmo espazo que tivo todo o proceso e preguntouse onde quedan agora todas as acusacións

Pola súa banda, Jorge Duarte mostrou a súa satisfacción polo arquivo das dilixencias e dixo confiar na xustiza ainda que reclamou máis axilidade despois de ter que esperar 9 meses para poder declarar

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies