займ срочно

Arquivada a denuncia contra o goberno de Oroso

0

Oroso, 14 de setembro do 2017 –  A Audiencia provincial arquiva a denuncia contra o goberno de Oroso por unhas obras no CEIP de Sigüeiro.

A sección segunda desestima os recursos de apelación interpostos por Manuel García Lameiro e Manuel Siverio Mirás Liñares contra a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ordes, que arquivaba as dilixencias abertas polas obras de substitución das fiestras do CEIP de Sigüeiro. Unha resolución contra a que non cabe recurso ordinario algún.

Sobre o arquivo da denuncia contra o goberno de Oroso o alcalde, Manuel Mirás Franqueira, asegura que “era o que esperabamos dende o primeiro momento porque estabamos seguros de que non cometeramos delito ningún. O único que fixemos foi que os nenos e nenas do colexio de Sigüeiro non se mollaran porque a Xunta non quixo poñerlles unhas fiestras en condicións, unha decisión da Xunta que apoiaban tanto o Partido Popular de Oroso como Siverio Mirás”.

Motivos políticos

A sentenza especifica que a denuncia contra o goberno de Oroso é politica xa que di textualmente que “lo que pone de manifiesto son diversas discrepancias o cuestiones por motivos políticos en cuanto al funcionamiento del Ayuntamiento pero ello no permite inferir la existencia de infracción penal”. Unha afirmación que corrobora o que leva afirmando o alcalde orosán dende que saltou o caso: “non foi unha denuncia dun anónimo ou dun particular, senón dunha persoa vencellada ao PP de Oroso, ao que se sumou despois o señor Siverio Mirás, e que buscaban gañar nos Xulgados o que non poden facer nas urnas”. Neste sentido cómpre lembrar que un dos denunciantes, Manuel Siverio Mirás, é actualmente concelleiro de Anova en Oroso e que Manuel García Lameiro presentouse como suplente nas listas do Partido Popular de Oroso nas eleccións municipais de 2011.

A resolución da Audiencia Provincial da Coruña corrobora que “se han practicado suficientes diligencias para adoptar la decisión de sobreseimiento, declaraciones de investigados y denunciantes prestadas y documental”. Incluso desminte expresamente un dos piares da acusación, que argumentaba que a decisión da Xunta de Goberno de Oroso buscaba axudar á empresa a eludir un embargo de Facenda. A sentenza especifica que “no puede interferirse que tratase de eludir ese embargo de Hacienda a Aluminios Landeira, y es que además se practicaron retenciones por el propio Ayuntamiento por otros contratos con la empresa de Aluminios”.

Manuel Mirás considera que “a sentenza confirma o que dixemos dende o primeiro momento: que a Xunta de Goberno de Oroso actuou en todo momento de acordo coa legalidade”. Por iso, afirma que “hoxe non podo dicir que me alegre polo sobreseemento definitivo da causa, porque estaba totalmente tranquilo e convencido de que ía ser así. Sabia perfectamente que non cometeramos ningún delito”. O alcalde orosán mantivo en todo momento que a contratación e execución das obras para substituír as fiestras do CEIP de Sigüeiro se realizara conforme á lei vixente e que o único erro cometido no procedemento foi un erro humano, de quen fixo o decreto, e que non foi advertido nin polos membros da Xunta de Goberno nin pola Intervención Municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies