Arquivada unha denuncia contra a alcaldesa de Melide

0

Melide, 11 de febreiro do 2019 – A Fiscalía ven de arquivar unha denuncia contra a alcaldesa de Melide, Dalia García, polo estado da área de lecer do río Furelos.

A denuncia foi interposta pola Asociación Cultural e Veciñal Melidá por un delito contra a saúde pública e o medioambiente. As dilixencias comezaron no pasado mes de outubro e son agora arquivadas tras a presentación por parte do goberno municipal da documentación rquerida.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, compareceu en rolda de prensa co fin de explicar de primera man o procedemento que Diego Rodriguez Otero, como presidente da Asociación Cultural e Veciñal Melidá inicia na Fiscalía da Coruña o pasado ano. A rexedera melidense, apunta “a unha persecución persoal e e desprestixio acerca da súa persoa”, chegando ao extremo da presentación por parte da Asociación Cultural e Veciñal de ter prevaricado, delinquido contra o medioambiente, así como o atentado contra a saúde pública.

Un dos argumentos da rexedora sobre esta persecución é que o delito agora arquivado data supostamente do 2017 e a denuncia foi presentada un ano despois. A resolución agora emitida por parte de fiscalía explicita que as decisións tomadas desde o goberno municipal foron as correctas “El resultado del análisis encargado por el Concello no permite apreciar elementos indiciarios, no solamente de la posible comisión de un delito contra el medio ambiente, sino también de que la decisión adoptada de la apertura de la zona de baño constituya una resolución injusta, contraria palmariamente al ordenamiento jurídico”.

A alcaldesa Dalia García explicara na entrevista que publicamos o pasado mes de decembro todo o realizado para solucionar o problema de esta área de baño e os proxectos que teñen para a mesma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial