Comeza o levantamento de actas para o arranxo de dúas pontes en Vedra e Compostela

0

Bisbarra, 19 de xuño do 2018 – A Deputación da Coruña comeza os preparativos para o arranxa de dúas pontes en Vedra e Compostela coa publicación do levantamento de actas no BOP.

As pontes en cuestión serán a que está sobre a a liña do ferrocarril en Vedra, na zona de Sarandón, que será ampliada, e unha de nova construción sobre o rego Gatofero en Santiago.

En Compostela a ponte sitúase na estrada DP 7804. As obras suporán a demolición da ponte actual que atravesa o rego Gatofero, con só seis metros de ancho, e a construción dun novo viaducto de 12 metros de ancho, dos que 9 serán de calzada e 3 destinaranse é execución de beirarrúas. A ponte terá 25 metros de lonxitude, con catro vigas doble T dispostas sobre un único vano. Sobre elas executarase unha lousa de formigón armado executada in situ de 25 cm de espesor. Estas obras suporán un investimento de 405.000 euros, incluindo as expropiacións, e enmárcanse nun proxecto máis ambicioso de ensanche, mellora de trazado e do firme da estrada DP 7804 entre os puntos quilométricos 18+690 e 22+223 que conectan o núcleo compostelán de Miramontes coa intersección da estrada DP-0701.  Estas obras, xa aprobadas polo pleno da Deputación, contan cun orzamento de 1.260.761 euros.

Ampliación da ponte sobre a vía do tren en Vedra

A Deputación da Coruña tamén ampliará a ponte sobre a liña de ferrocarril, na DP-8901 de Gaiosa á Ponte Sarandón, no concello de Vedra. Estas obras, que contan cun orzamento de 104.759,62 euros, permitirán duplicar o ancho da plataforma, pasando de 6 a 12 metros. A estrutura quedará dividida en dous carrís de circulación de 3,5 metros, beiravías de 05 e beirarrúas de 2 metros. Deste modo, adaptarase a ponte ao ancho actual da calzada e facilitarase o tránsito do tráfico de vehículos pesados que xera o Polígono Industrial de Vedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies