Arranxos nas beirarrúas da rúa Río do Porto de Noia

0

Noia,  6 de agosto do 2018 –  A brigada de obras do Concello de Noia vén de acometer a mellora dun tramo de beirarrúas na Rúa Río do Porto na intersección coa Rúa Castelao, en Barro.

Os traballos en Noia, levados cabo con medios propios, consistiron na mellora do estado das beirarrúas e na optimización da seguridade viaria. Trátase dunha rúa bastante transitada pola veciñanza, xa que enlaza directamente coa pasarela de acceso á ponte sobre a ría que remata en Testal.

A actuación comprendeu a mellora dun tramo duns 30 metros de beirarrúas, coa reposición do formigón cubrindo todas as deficiencias existentes. Completáronse estas obras coa mellora da seguridade viaria instalando nova sinalización vertical e un espello no cruce coa Rúa Castelao para facilitar a visibilidade dos condutores.

Estes traballos inclúense dentro do plan municipal de mantemento das infraestruturas viarias que se leva a cabo dende o Concello. Todo este tipo de obras lévanse a cabo con fondos propios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial