Artistas e persoal científico conversan hoxe sobre ciencia e arte

0

Compostela, 6 de marzo do 2019 – A artista plástica Irene Dubrovsky, que acaba de inaugurar a súa exposición ‘Cosmoloxías’ no Colexio de Fonseca da USC, participa hoxe nun coloquio con distintas personalidades do mundo da arte e a ciencia para conversar precisamente sobre a dicotonomía arte ciencia e aproximar ao público a segunda mostrando as súas conexións coas manifestacións artísticas de todo tipo.

No coloquio ciencia arte, que terá lugar ás 19.30 horas no Centro ABANCA Obra Social (Praza de Cervantes), participarán ademais o escritor Agustín Fernández Mallo, o físico e pintor David Crooks, a decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón, o físico José Edelstein, a cantante Uxía, e a moderadora do encontro, a xornalista Ainhoa Apestegui.

A mostra ‘Cosmoloxías’ e o coloquio deste mércores son as primeiras actividades de ArtLAB, unha nova iniciativa interdisciplinar do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) cuxo obxectivo é unir arte e ciencia, indagar nas súas interseccións e tender pontes entre ambas as dúas, achegando a ciencia á sociedade desde un punto de vista diferente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial