Novas propostas online no festival Arzúa queda na casa

0

Arzúa, 17 de abril do 2020 – O Concello de Arzúa, a través do Departamento de Cultura que dirixe Aurora Varela, organiza para esta fin de semana unha segunda edición do festival online Arzúa queda na casa.

Arzúa queda na casa é  unha proposta lúdica e alternativa coa que diversos artistas locais amenizan as tardes de confinamento ofrecendo uns momentos de ocio grazas ao seu talento e bo facer no ámbito artístico, cultural e musical. Todas as actuacións comezarán ás 19:00h e poderanse visualizar no facebook.

Esta segunda edición comeza hoxe venres, día 17,  con Daniel Mato cunha pequena intervención á marimba e de Inés Lamas ao piano. Na xornada de sábado a Rondalla Moraima participará cunha reposición de varias pezas interpretadas o pasado mes de decembro no último concerto de Nadal e cunha videomontaxe na que os compoñentes desta formación interpretan “Historia de un amor” desde as súas casas. Ambas actuacións poderanse ver a través da páxina de Facebook Cultura Concello de Arzúa.

Por último, o domingo 19 de abril, o artista local Riquiño Boy ofreceranos un concerto composto de varios temas propios e un cover de Loquillo. Neste caso, poderemos velo na páxina de Facebook Riquiño Boy.

As actuacións previstas para esta fin de semana chegan despois da boa acollida que esta iniciativa tivo entre os vecinos en días pasados. As actuacións de Santi Villar e María Vázquez, Xan Veiga, Aldara, MJ Pérez e Lidia veiga superaron as 8.000 reproducións.

Dende o Concello, Aurora Varela quixo agradecer “a colaboración de todos os artistas e grupos participantes que, de xeito totalmente desinteresado, volcáronse con este proxecto desde o primeiro momento”.

Imaxe de thedanw en Pixabay 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial