Arzúa ofrece en setembro 4 obradoiros a través do Centro de Información á Muller

0

Arzúa, 26 de agosto do 2019 –  O Centro de Información á Muller do Concello de Arzúa impartirá ao longo do mes de setembro un total de catro obradoiros cunha ampla e interesante temática destinados a veciñanza do municipio.

O primeiro dos obradoiros versará sobre a autoestima e o empoderamento. Desde o concello explican que está dirixido “a todas aquelas mulleres que están a pasar unha mala racha, que se ven nun pozo e ás que se lles aconsellará da importancia de coñecer a parte boa que todas temos como mulleres”.

O seguinte dos talleres permitirá un achegamento aos dereitos familiares. Falarase de temas tan interesantes como a diferenza entre matrimonio e parella de feito; qué dereitos son iguais; que cousas son gastos extraordinarios; qué cousas pertencen á custodia e cáles á patria potestade ou mesmo se é preciso facer testamento no caso de ter fillos.

Outro dos obradoiros permitirá resolver todas as dúbidas que as asistentes consulten no tema da utilización dos certificados electrónicos, chave 365, DNI electrónico, etc.

Un último taller abarcará o ámbito fiscal resolvendo dúbidas sobre deducións na declaración da renda, facilidades por ser autónoma como agricultora ou de outro tipo.

As persoas interesadas en participar nalgún destes obradoiros poden anotarse presencialmente no Centro de Información á Muller antes do día 6 de setembro. As inscricións tamén poden realizarse  mediante correo electrónico enviando un mail ao enderezo cim@concellodearzua.com ou ben no teléfono 981500000 (Ext. 121).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial