45º aniversario da Festa do Queixo de Arzúa

0

Arzúa, 21 de febreiro do 2020 – Arzúa ven de presentar a 45 edición da Festa do Queixo que se celebrará do 28 de febreiro ao 1 de marzo próximo.

Na presentación da Festa do Queixo o alcalde de Arzúa, José Luís García, destacou o traballo realizado ao longo de estes 45 anos. Lembrou que o que comezou como unha pequena idea agora é coñecido a nivel nacional e internacional. Musicalmente o Festival que consistía nun día dedicado ao folk mudou a dúas xornadas de concertos que se abriron a outras músicas “unha decisión que foi complicada, sobre todo polo custo, pero que pagou a pena” dixo.

45º aniversario da Festa do Queixo de Arzúa45 anos mellorando

García quixo gabar as melloras conseguidas ao longo de este tempo. Cambios na iluminación, nos equipos técnicos, na promoción da Festa e na transmisión da información da mesma tanto no eido visual como nas formas de facelo. Especial relevancia tivo a instalación da carpa “unha tarefa moi complicada tecnicamente, ao enfrontarmos a un espazo moi céntrico e con carballos protexidos. Por outra banda, foi un gran esforzo económico. Pero grazas a carpa, tempos a seguridade de que a festa vaise celebrar, coa importancia que iso ten para a organización, os asistentes, e o tecido hostaleiro da nosa vila”.

45º aniversario da Festa do Queixo de ArzúaO queixo como protagonista

O rexedor destacou o traballo realizado con respecto ao produto. Conseguiuse que todos os queixos que están expostos teñan o correspondente rexistro sanitario e a etiqueta. A incorporación de queixos de outras comunidades “enriqueceu a nosa festa, pois a variedade permítenos dar a coñecer queixos de outras comunidades e países, tendo sempre ao noso como protagonista”.

Finalmente José Luís García destacou a colaboración con entidades sociais e educativas como a EFA Piñeiral e o seu ciclo de cociña, o tecido empresarial e hostaleiro e a Denominación de Orixe Protexido de Arzúa.

Novidades na edición 2020

A edición número 45 contará con máis expositores que nunca chegando aos 78, 55 deles queixerías.

Realizarase unha acción especial en colaboración con casa Xanceda na que se pintará un paso de vaca nunha das rúa da vila. Na mesma liña que esta acción, reivindicar o rural, vai a elección da pregoeira: Benedicta Sánchez, gañadora dun Goya a actriz revelación polo seu papel en O que Arde de Oliver Laxe.

45º aniversario da Festa do Queixo de ArzúaConcertos

Os concertos comezarán coa sesión vermú de MJ Pérez o día 29. Pola noite a velada abrirá con El Capitán Elefante, grupo bilbaino gañador do concurso Queixo Maquetón. A continuación Tequila, o grupo está inmerso nunha xira de despedida polo que este pode ser o seu último concerto en Galicia. Novedades Carminha e Ladilla Rusa serán os que rematen a festa o sábado.

O domingo chegará o folk con Luar na Lubre e Baiuca, indo do máis tradicional á fusión coa electrónica.

Todos os concertos serán de balde no Campo da Feira e baixo unha carpa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial