займ срочно

Arzúa presenta o programa de actividades do Servizo de Normalización Lingüística

0

Arzúa, 18 de setembro do 2018 – O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa inaugura na última semana de setembro un programa de cursos, obradoiros e outras actividades que teñen por obxectivo fomentar o galego en eidos como as redes sociais, a hostalaría, as artes urbanas ou o deporte.

O programa comeza os próximos 25, 26 e 27 de setembro, en horario de 21.00 a 22.30 h, cun Curso de Redes Sociais para o comercio local, impartido polo Instituto de Medios Sociales. Normalización Lingüística ofrece aos profesionais da hostalaría un curso de cata de viños galegos, que se celebrará o 8 e 9 de outubro de 17.00 a 19.00 h. Os profesionais da Asociación Galega de Viticultura achegarán a través dunha charla e unha cata comentada as distintas Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas do noso país. Ambos os cursos contan con prazas limitadas e precisan de inscrición previa. Abrirase tamén unha listaxe de agarda para outras persoas interesadas, que poderán asistir de quedaren prazas vacantes.

O deporte e as artes urbanas son tamén protagonistas desta nova programación do SNL. O 27 de setembro ás 17.00 h o Pavillón Municipal do Viso acollerá a Xincana Lingua Forza 3, unha proba que conxuga destreza física e lingüística dirixida á rapazada de 6 a 12 anos. Esta actividade ten prazas limitadas e precisa de inscrición previa.

O deporte sobre rodas será o protagonista da tarde do 28 de setembro.  De 16.00 a 20.00 h o Recinto Feiral da vila contará cun Parque móbil de skateboard para uso libre de afeccionados a partir de 10 anos. Ademais, rapaces e rapazas a partir de 8 anos poderán aprender algunhas técnicas do patinete nun Obradoiro de Skateboard.

E seguindo coas artes urbanas, e enmarcadas entre as actividades da Feira Ecolóxica que acollerá a vila durante a fin de semana, o 29 de setembro ás 11.00 h terá lugar unha Exhibición de Graffiti da man dos artistas de Vella Escola, e ás 17.00 h un Obradoiro de Graffiti para rapazas e rapaces a partir de 10 anos. Este obradoiro conta con prazas limitadas e precisa de inscrición previa. Finalmente, o 30 de setembro ás 17.00 h terá lugar no Campo da Feira un Obradoiro de Slackline para a rapazas e rapaces a partir de 10 anos.

 As inscricións para os cursos e obradoiros que o precisan faranse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Arzúa (Casa do Concello, 2º andar) ou a través do teléfono 981 500 000 (Ext. 119) en horario de 9.00 a 14.00 h.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies