Arzúa reparte  entre a veciñanza o calendario do 2018

0

Arzúa, 21 de Nadal do 2017 – O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que nos vindeiros días repartirase entre a veciñanza o calendario para o ano 2018 de forma gratuíta.

Coincidindo coa Feira de Nadal, hoxe xoves, farase o primeiro reparto dos calendarios entre os asistentes ao recinto feiral a partires das once da mañá; nos vindeiros días farase unha nova quenda por diversos locais de Arzúa e tamén polas parroquias.

Os veciños que residan no casco urbano poderán recoller o novo almanaque na Casa do Concello, na Oficina de Cultura e Deportes e  na Biblioteca Municipal. O calendario tamén poderá recollerse nos seguintes establecementos hostaleiros que colaboran cada mes colocando os carteis da programación cultural: Bar Pedrito, Casa Nené, Bar Praza, Parrillada Europa, Bar Ameixa, O de Mario, O Furancho de Santiso, Bar Karper, Sole City, A Queixeira de Arzúa, Bar Luis, Bar Manolo e Café Teatro. Estarán dispoñibles, tamén, no Centro de Saúde e Piscina climatizada.

Os veciños das parroquias poderán recollelo nos bares e tabernas correspondentes ou, onde non os haxa, na Igrexa parroquial ou contactando co correspondente alcalde pedáneo.

Os calendarios compóñense de doce láminas mensuais e unha portada dedicadas este ano a promover a sensibilización e concienciación medioambiental. Cada folla permitiranos, ademais de mirar os días festivos ou as lúas correspondentes a cada mes, observar as doce imaxes que resultaron premiadas do concurso de fotografía “Mellor Arzúa” que convocou o Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial