Arzúa planta 300 castiñeiros no entorno da capela da Mota

0

Arzúa, 4 de xaneiro do 2018 – Arzúa planta 300 castiñeiros nos terreos mercados hai 5 anos para ampliar o entorno da capela da Mota en San Estevo do Campo.

Entorno da Capela da Mota

No ano 2012, o actual alcalde de Arzúa, José Luis García, acordou xunto cos daquela membros do goberno local a adquisición dunha finca de algo máis de tres hectáreas preto da Capela da Mota na parroquia de San Estevo do Campo. na compra investíronse algo máis de 60.000 euros, atendendo así a un desexo dos veciños da parroquia que viñan dando queixas da falta de aparcamento nunha zona na que se celebra unha das romarías máis tradicionais do concello, a da Mota, que congrega cada ano a centos de visitantes. Con esta xestión a parroquia de San Estevo viu incrementado o seu patrimonio natural e paisaxístico cunha enorme parcela na que existen dúas mámoas e que se destinou en parte a aparcamento e, noutra, a zona de esparcemento.

Plantación

A imaxe do terreo contrastaba, sen embargo,  co resto do contorno pola súa falta de vexetación. Unha zona que se caracteriza precisamente pola beleza e frondosidade da súa carballeira, a da Mota. Por esta razón nos últimos meses o goberno local xestionou e procurou financiamento para sufragar a plantación de 300 castiñeiros de froito do país na parcela, contribuíndo así a  ofrecer unha imaxe máis homoxénea da zona e deixando o espazo necesario entre as árbores plantadas para favorecer o aparcamento de vehículos cando sexa preciso.

As labores de plantación finalizaron días atrás coincidindo co remate do ano e xa medran coa intención de dar froito e facer sombra na que acubillarse co paso do tempo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial