Arzúa comeza as obras de ampliación da Escola Infantil

0

Arzúa, 5 de marzo do 2019 – O alcalde de Arzúa, José Luís García, ven de confirmar que o próximo luns será a data na que comecen as actuacións de mellora e ampliación da Escola Infantil.

As numerosas xestións realizadas polo alcalde nos últimos meses e a súa insistencia ante a Xunta de Galicia fixeron posible, no pasado ano 2018, a sinatura dun convenio entre as dúas entidades grazas ao cal se comprometían a realizar as correspondentes achegas financeiras necesarias para levar adiante as actuacións de mellora e ampliación da Escola Infantil de Arzúa.

As obras suporán un investimento total de 150.186,46 euros dos que a Xunta de Galicia desembolsará 100.000 euros ( deles, o 80% procederá de fondos europeos) e, o montante restante, 50.186,46 euros, correspóndenlle ao Concello.

Dende a sinatura do convenio de colaboración, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia foi o ente encargado, nestes últimos meses, de realizar todos os trámites necesarios para a contratación e adxudicación das obras, que se executarán segundo o establecido no proxecto que meses atrás fora entregado polo alcalde de Arzúa, José Luís García, ao departamento autonómico.

A empresa encargada de levar a bo fin esta actuación será Tarrío y Suárez S.L., quedando como director de execución das obras o arquitecto técnico municipal. A actuación permitirá aumentar a oferta do centro en 35 prazas, ao pasar de  41 prazas (3 unidades) a 76 prazas ( 5 unidades), elevando así a taxa pública de cobertura para nenos de 0 a 3 anos e paliando a lista de agarda que soportou a escola infantil  de Arzúa nos últimos anos.

O alcalde de Arzúa informaba que “as actuacións de ampliación e mellora da escola infantil terán un duración prevista de catro meses e aproveitaranse tamén para realizar algunhas obras de reforma no centro, que se traducirán nunha mellora importante na prestación do servizo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial