Arzúa conmemora o Día Internacional do Neno con actividades culturais

0

Arzúa, 20 de novembro do 2018 –  O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa celebra, un ano máis, o Día Internacional do Neno con varias actividades culturais para o disfrute dos escolares arzuáns.

Os nenos dos centros educativos de Arzúa poderán disfrutar de actuacións musicais e teatrais organizadas polo Concello de Arzúa e que se realizarán en horario lectivo. A primeira delas tivo lugar onte para os alumnos de Educación Infantil que gozaron dunha representación teatral a cargo da compañía Ghazafelhos e o seu espectáculo Bon Appetit.

Hoxe martes día 20 será a quenda para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria que participarán no espectáculo Contos do recreo a cargo de Redrum Teatro.

Outra proposta destinada aos escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria terá lugar o mércores 21. O espectáculo teatral Leonardo e os fontaneiros virá da man da compañía Ubú Teatro que pon en escena esta obra de María Victoria Moreno.

E, por último, o xoves 22, os mozos e mozas da ESO pecharán este programa de actuacións coa representación de Logos a cargo da compañía Lucecús Teatro.

Todas as actuacións serán ás once e media da mañá na Casa da Cultura.

Como novidade, esta edición o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza tamén un espectáculo na Escola Infantil. A proposta musical O son que me arrola celebrarase o venres 23 de novembro ás dez e media.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial