Avanza a bo ritmo a rehabilitación do IES de Arzúa

0

Arzúa, 27 de agosto do 2019 – A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, comprobou o avance da obra de rehabilitación integral do IES de Arzúa.

A actuación ten un investimento de 935,508,80 euros e redundará nun aforro do 53,2% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 58,2% en emisións de CO2 no IES de Arzúa.

Esta reforma forma parte do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas daXunta de Galicia e é posible grazas ao anticipo de tesourería aprobado no Consello da Xunta para axilizar a licitación das obras con cargo ao superávit de 2018.

visita ies de arzúaA obra inclúe diferentes actuacións para a mellora da eficiencia enerxética, tales como illamento da fachada mediante sistema SATE, a colocación de novas fiestras de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e a instalación de novas luminarias. Así mesmo, inclúe a substitución de material de cubrición por panel sándwich nervados de chapa prelacada de aceiro con illamento térmico na cara superior do forxado do baixo cuberta.

Por outra banda o proxecto contempla a instalación dun ascensor, un aseo adaptado e unha rampla exterior para mellora da accesibilidade, así como o pulido do pavimento de terrazo, a colocación de novos falsos teitos e a reparación e pintado dos paramentos interiores, portas, caixas de persianas, varandas, radiadores e tubaxes.

Co gallo da súa visita, a conselleira animou ao centro a continuar aumentando a súa participación nos diferentes programas impulsados desde a Consellería. Neste sentido o IES de Arzúa xa forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), participou no Plan Proxecta e desenvolveu o curso pasado a primeira liña de actuación dos contratos-programa, de Reforzo, orientación e apoio (PROA).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial