Arzúa abre a convocatoria de axudas á promoción da cultura e o deporte

0

Arzúa, 6 de agosto do 2019 – Ata o seis de setembro o concello de Arzúa abre a convocatoria de axudas, destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas, para as asociacións ou entidades municipais sen ánimo de lucro

No ámbito cultural será posible solicitar axudas para a organización de homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais e calquera outra actividade de conservación, promoción ou divulgación dos valores culturais.

Na área deportiva as actividades financiadas estarán abertas á participación cidadá tales como escolas, cursos, competicións, campus deportivos e calquera outra relacionada coa promoción da práctica deportiva.

Poderán concorrer a estas axudas, os organismos ou asociacións xuridicamente constituídos que carezan de fins de lucro, que estean debidamente inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello e que non teñan débedas co ente municipal por calquera concepto.

Para máis información, os interesados poden dirixirse ás oficinas de Cultura e Deportes, ubicadas no edificio sociocultural María Mariño, ou ben chamar ao teléfono 981500222.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial